blogue deadmin

Sesión do Club da Igualdade

Este luns 16 de decembro tivemos unha nova sesión do Club da Igualdade, na que vimos e comentamos fragmentos da película "Con amor, Simon", unha proposta realizada por un grupo de alumnas.

Charla da Asociación Española Contra o Cancro

Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, charla de voluntarios (médico e psicólogas) da »

Concertos no recreo

O pasado venres 13 no recreo tivemos o concerto de 2°Bach, dirixido polo profesor Sergio Álvarez.
Moitos parabéns polo voso traballo!

Encontro-debate "Hai saída grazas a ti"

O 11 de decembro 123 alumnas e alumnos de 2ºESO dos IES Terra de Turonio e Auga da Laxe asistiron, no salón de actos do IES Auga da Laxe, a un encontro-debate co título "Hai saída grazas a ti", guiado por Elsa Rodríguez Prieto, especialista en igualdade que participa no programa educativo sobre igualdade que o Concello de Vigo ofrece aos centros de ensino da cidade. O debate xirou arredor da curtametraxe "No" de Adrián Vereda, que trata a violencia de xénero.

Charla sobre autismo en 2ºBach

Este mércores 11 de decembro o alumnado de Psicoloxía de 2ªBach participou nunha charla sobre Trastorno do Espectro Autista (TEA) organizada polo departamento de Filosofía e impartida por Clara de Macedo e Mónica Álvarez, integrantes da xunta directiva de Un máis, asociación de familias de persoas con TEA do Baixo Miño.

Comezou o torneo de street basket

Este luns 9 de decembro comezou no patio central do instituto o torneo de street basket que organiza nos recreos o departamento de Educación Física. A final celebrarase o xoves 19 e un día antes, o mércores 18, a nosa improvisada cancha de baloncesto acollerá tamén un concurso de tiros triplos.

Distribuir contido