blogue deadmin

Semana da Muller e a nena na ciencia

Mañá venres 14 rematan as actividades programadas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía para celebrar o 11 de febreiro, (»

Visita do alumnado de 4º de ESO do IES Terra de Turonio

Este xoves 13 recibimos no instituto o alumnado de 4ºESO do IES Terra de Turonio que o próximo curso podería estudar bacharelato no noso centro. Realizaron unha visita ás instalacións, asistiron a unha charla coa orientadora sobre a nosa oferta de estudos de bacharelato e, finalmente, ofrecémoslles un petisco na cafetería.

Para gustos, cores, amores. Xoves.

Hoxe no recreo, dentro da actividade "Para gustos, cores, amores", realizouse a performance "O amor é" a cargo de alumnado de 2°, 3°, 4° de ESO e 1°Bach.

Preparado o photocall para o venres 14

Xa está o photocall preparado para o venres!

Para gustos, cores, amores. Mércores.

Continuando coas actividades da proposta "Para gustos, cores, amores", hoxe no recreo escoitamos poemas de temática amorosa de Rosalía de Castro nas voces das nosas alumnas Noa Hermida, Emma Domínguez, Lucía Domínguez e Carmen Piñeiro. Serviu tamén como pequeno adianto da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebra o próximo 24 de febreiro.

Distribuir contido