blogue deadmin

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, hoxe, venres 10 de xaneiro, o alumnado de 1º de ESO fixo unha visita guiada ao »

Final do torneo de Street Basquet

Moitos parabéns aos nosos alumnos de 1ºBach-C Abdu Jato, Hugo Vilas e Hugo Martínez, integrantes de Shalke Temeto, equipo que se proclamou gañador do torneo de street basket organizado polo departamento de Educación Física. Parabéns tamén ao equipo finalista, Os Trogloditas, formado por Martín Barros, Laura Martínez, Paula Álvarez e Abraham Fernández.

Concurso de tiros triplos

Dentro das actividades de street basket que organiza o departamento de Educación Física, este mércores 18 celebrouse no patio central do instituto un concurso de tiros triplos, no que resultou gañador Bruno Vázquez Sanz, de 3ºESO-A. O xoves 19 celebrarase a final do torneo de street basket que se estivo disputando nos recreos ao longo destas dúas últimas semanas e no que participaron oito equipos.

Visita á Universidade de Vigo

O mércores 18 o alumnado de 1ºBach-A e 1ºBach-B achegouse ata o campus da Universidade de Vigo para visitar as facultades de Ciencias do Mar, Química e Bioloxía, onde asistiron a charlas informativas sobre os graos que se imparten nelas: contidos, materias, saídas laborais... Ademais, nas facultades de Química e de Bioloxía visitaron os laboratorios e puideron asistir a algunha práctica.

Visita a Unitour e ao Museo Liste

 

Ximnasia acrobática

Despois da sesión teórica de onte veu a práctica de iniciación á ximnasia acrobática con Cristina Castro Rocha do »

Distribuir contido