Final do torneo de Street Basquet

Moitos parabéns aos nosos alumnos de 1ºBach-C Abdu Jato, Hugo Vilas e Hugo Martínez, integrantes de Shalke Temeto, equipo que se proclamou gañador do torneo de street basket organizado polo departamento de Educación Física. Parabéns tamén ao equipo finalista, Os Trogloditas, formado por Martín Barros, Laura Martínez, Paula Álvarez e Abraham Fernández. Moitas grazas aos membros dos oito equipos, así como ao alumnado e profesorado que participou no concurso de tiros triplos e a todos os que botaron unha man na mesa de control das puntuacións, nas arbitraxes e, en xeral, na organización do torneo. O venres 20 pecharemos a actividade cun partido entre Shalke Temeto e un equipo de profesores e profesoras do instituto. Ademais, nesa xornada de despedida do trimestre, teremos tamén as finais dos torneos de pimpón, xadrez e futbito, a entrega de premios e diplomas, unha exhibición de baile e o xa tradicional concurso Cifras e Letras.