blogue deadmin

Imos de voda

O 14 de febreiro non fagades plans que a partir das 20:00 temos voda no instituto e estades todos e todas convidados e convidadas!

Nova sesión do Club da Igualdade

Este pasado luns 20 celebramos no instituto a sesión de xaneiro do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a falar de neurodiversidade e da realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), como resultado dunha proposta do noso alumno de 1ºBach Mateo González.

Enquisa sobre consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas

O noso centro está a participar nun proxecto sobre o consumo de substancias tóxicas e outras condutas aditivas en adolescentes de 14 a 18 anos no que colaboran todos os centros de Secundaria do Val Miñor e que está coordinado pola Dra. Olga Villar do centro de saúde de Gondomar.
Neste proxecto o alumnado de 3º e 4º de ESo e 1º e 2º de Bacharelato realizará unha enquisa telemática e anónima do 20 ao 31 de xaneiro.

Doazón e transplante de órganos

Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía hoxe, martes 14 de xaneiro, o alumnado de Anatomía aplicada de 1º de bacharelato participou nunha charla sobre doazón e transplantes de órganos ofrecida por Marta Álvarez da Coordinación Autonómica de Trasplantes e Lola cun transplante de fígado desde hai dezasete anos.

Visita á audiencia provincial

Os alumnos e alumnas de Valores Éticos de 3º e 4º de ESO e de Filosofía do Dereito de 2ºBach achegáronse hoxe a Pontevedra para asistir a un xuízo na Audiencia Provincial e para facer posteriormente unha visita guiada no Museo de Pontevedra. A saída estivo organizada polo departamento de Filosofía e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

Obradoiro de regueifas

Obradoiro de regueifas do luns 13 para o alumnado de 2º de ESO  impartido polos veteranos Pinto de Herbòn e Luis Caruncho.

Distribuir contido