Nova sesión do Club da Igualdade

Este pasado luns 20 celebramos no instituto a sesión de xaneiro do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a falar de neurodiversidade e da realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), como resultado dunha proposta do noso alumno de 1ºBach Mateo González. Achegámonos a esta realidade a través dunha charla-coloquio na que participaron Mónica Menéndez (membro de Un máis, asociación de familias de persoas con TEA de Tui), Adrián Prieto (alumno de 2ºBach do IES San Paio de Tui e voluntario nos campamentos de verán da asociación Un Máis) e o noso alumno Mateo González. Foi unha sesión moi interesante. Grazas, Mateo, pola túa proposta!