Semana da Muller e a nena na ciencia
Enviado por admin o Xov, 13/02/2020 - 20:46
Mañá venres 14 rematan as actividades programadas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía para celebrar o 11 de febreiro, (11 de Febrero), Día internacional da muller na ciencia. E ímolo facer con dúas charlas. A primeira vaina impartir Marta Sestelo, bióloga e matemática, profesora na Universidade de Vigo e investigadora en Gradiant. A segunda será a de Bibiana Rodiño, enxeñeira e CEO de BETA Implants, unha abraiante empresa deseñadora e fabricante de próteses para animais.
Marta, Bibiana, grazas por vir!