Comezou o torneo de street basket

Este luns 9 de decembro comezou no patio central do instituto o torneo de street basket que organiza nos recreos o departamento de Educación Física. A final celebrarase o xoves 19 e un día antes, o mércores 18, a nosa improvisada cancha de baloncesto acollerá tamén un concurso de tiros triplos.