Encontro-debate "Hai saída grazas a ti"

O 11 de decembro 123 alumnas e alumnos de 2ºESO dos IES Terra de Turonio e Auga da Laxe asistiron, no salón de actos do IES Auga da Laxe, a un encontro-debate co título "Hai saída grazas a ti", guiado por Elsa Rodríguez Prieto, especialista en igualdade que participa no programa educativo sobre igualdade que o Concello de Vigo ofrece aos centros de ensino da cidade. O debate xirou arredor da curtametraxe "No" de Adrián Vereda, que trata a violencia de xénero. A actividade, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar, contou coa colaboración dos departamentos de orientación dos dous institutos.