Charla sobre autismo en 2ºBach

Este mércores 11 de decembro o alumnado de Psicoloxía de 2ªBach participou nunha charla sobre Trastorno do Espectro Autista (TEA) organizada polo departamento de Filosofía e impartida por Clara de Macedo e Mónica Álvarez, integrantes da xunta directiva de Un máis, asociación de familias de persoas con TEA do Baixo Miño. Na primeira parte, a partir das preguntas do propio alumnado, as relatoras foron explicando que é o TEA, como se manifesta e como lles afecta ás persoas nos diferentes ámbitos da súa vida cotiá, compartindo co noso alumnado a súa experiencia persoal, así como vídeos e recursos didácticos que se utilizan nas terapias. Na segunda parte da sesión, propuxéronlles aos nosos alumnos e alumnas un pequeno obradoiro para que fixesen propostas de sinalización con pictogramas. Moitas grazas a Clara e a Mónica por achegarnos a súa experiencia e o seu traballo.