Rede educativa galega de apoio LGBT

O pasado 5 de outubro tres profesoras do noso instituto estivemos en Santiago na presentación da Rede educativa galega de apoio LGBT, xunto con máis de 50 docentes de toda Galicia. Reflexionamos e debatemos sobre diferentes cuestións que afectan ao alumnado LGBT, falamos do marco lexislativo que regula o noso labor neste ámbito, falamos de diversidade e de igualdade e coñecemos as experiencias de centros educativos que levan xa algúns cursos desenvolvendo actividades neste ámbito. Foi unha xornada chea de reflexións e experiencias compartidas das que habemos tirar moito proveito no noso traballo.