Nace o Club da Igualdade

Este próximo luns 21 de outubro, de 15:30h a 16:50h, vaise celebrar a primeira sesión do Club da Igualdade, unha iniciativa que imos botar a andar este curso para fomentar a sensibilización, a reflexión e o debate sobre diferentes aspectos relacionados co respecto á diversidade e coa igualdade de dereitos entre as persoas. Esta proposta, aberta a alumnado e profesorado, forma parte dun proxecto máis amplo que imos desenvolver nas aulas ao longo de todo o curso, con máis de cincuenta actividades organizadas desde diferentes materias e dirixidas a alumnado de todos os niveis educativos.