Primeira sesión do Club da Igualdade

Este pasado luns 21 de outubro a biblioteca do instituto acolleu a primeira sesión do Club da Igualdade. Comezamos presentando a actividade e recollendo as propostas e suxestións do alumnado asistente e logo realizamos o xogo Quen é quen?, no que o alumnado, organizado por equipos, tiña que emparellar nomes de mulleres coa profesión ou o ámbito no que destacaron. Finalmente, co apoio dunha presentación, fomos vendo quen foron ou quen son esas persoas que, co seu traballo e a súa implicación, contribuíron a visibilizar e mellorar a situación da muller en diferentes ámbitos. O Club da Igualdade, que se vai reunir o terceiro luns de cada mes, ten a súa próxima cita o 18 de novembro.