Lingua e literatura galega

Visita ao Museo de Pontevedra

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 4ESO, acompañados por Ana Leyenda, maría José Torres, David Gayso e Iago Castro, realizou unha saída didáctica á cidade de Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Educación Física

En primeiro lugar visitamos o rocódromo do pavillón Multiusos da Xunqueira, para descubrir que con traballo, un pouco de xeito e amodiño...non temos teito!

 

Despois desprazámonos ata o Museo provincial de Pontevedra, onde visitamos a SALA CASTELAO para coñecermos de primeira man a obra plástica do artista rianxeiro. Fixémolo a través dunha unidade didáctica onde tiñamos que atopar respostas ás custións sobre a obra exposta:

A verdade é que foi unha xornada ben completa, xa que puxemos a traballar corpo e cabeza!

 

OS QUINQUILLÁNS e "Language planning": teatro galego en Baiona

O venres 7 de febreiro o alumnado de 4ESO acudiu ao auditorio V Centaçenario para asistir á montaxe teatral Language planning, a cargo da compañía profesional Os Quinquilláns. Trátase dunha peza teatral  de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende, de libro co que traballamos neste 2º trimestre.

A actividade organizouse a través da editorial Galaxia e en colaboración co Concello -que cedeu o auditorio- e os centros educativos veciños do 1º de Marzo e Terras de Turonio.

 

Intervención de D.Iago Castro en "Zigzag Diario" sobre Álvaro Cunqueiro

Deixámosvos aquí a publicación do programa Zigzag onde se entrevista ao profesor do centro D.Iago Castro sobre "No obradoiro do fabulador", traballo sobre Alvaro Cunqueiro, especialmente sobre a súa faceta coma xornalistas, realizado conxuntamente con Xosé Enrique Costas e publicado por Galaxia.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-4211085?t=77?t=90

"ONDE A CHUVIA É ARTE"

 

Esta semana nas clases de Lingua aprendemos una chea de palabras para nomear a chuvia. E é que non hai mellor sinal de chuvia que vela “caír”… e así foi, caeu por todas as cabezas do alumnado… que foi bautizado cun nome de chuvia.

 

E investigamos moito sobre os nosos novos nomes, como Poalla (este si o coñeciamos) Sarabia, Froallo, Treixada, Zarzallo, Breca, Bátega, Torba, Lapiñeira, Babuxa, “Borriso” (este nome sopróunolo Víctor, o conserxe)… e moitos, moitos máis.

 

Ata nos deu para un pequeno photocall

 

Tamén aprendemos moitos refráns e ditos relacionados coa chuvia. E despois de tanto traballar, fomos preparando uns globos para a chuvia final.

 


 

E como “o que á chuvia se pon, mollado queda”, así acabamos a nosa actividade! E que ben o pasamos!

 

 

 

 

 

 

 

 

Regueifando "Historias de vida"

O pasado luns 27 de maio recibimos a visita de algúns dos usuarios do Centro de Día para Persoas Maiores de Baiona. Foi a segunda parte da actividade HISTORIAS DE VIDA, que comezamos cunha visita do alumnado de 2ºESO ao Centro de Día para coñecermos as biografías destas persoas que tanto teñen que nos contar e aprender.

Despois deste primeiro encontro, o noso alumnado elaborou unha regueifas a partir da vida relatada nas entrevistas, e o luns 27 cantámoslla, como ben podedes neste pequeno VÍDEO de mostra.

Foi unha actividade coa que todos quedamos encantados, ademais de que establecemos unhas fermosas amizades entre mozos de 14 anos con outros mozos con unhas oito décadas ao lombo. Fomos felices xuntos, e estamos seguros de que ha de haber máis encontros.

 

 

 

HÉCTOR CAJARAVILLE no Cova Terreña

O 7 de maio visitounos un dos autores máis destacados das letras galegas contemporáneas, Héctor Cajaraville. 

A súa primeira novela para adultos foi De remate, que conseguiu o premio máis prestixioso das nosas letras, o Xerais.Tamén foron premiadas as obras Once Portas (Ánxel Fole de narrativa curta) e co Losada Diéguez a súa última novela, Nova Nursia.

Mais Héctor é un escritor polifacético, e tamén tivo moito éxito co público infantil e xuvenil coas súas premiadas obras Denébola a Roxa, Quen dá a quenda, A caixiña dos rancores e Kusuma. 

O escritor veu charlar con nós da novela O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO. 

 Unha historia de sentimentos,       pescudas, confidencias e revelacións   que desemboca no achado máis   transcendental: o que nos dá as claves   para descubrirnos a nós mesmos. E   ademais, conta cunha parteambientada   en Baiona! Na conferencia, presentada         maxistralmente por Alejandro Soliño e   Pablo I. Ríos, Héctor contounos de   xeito moi ameno cales eran as súas   intencións ao escribir o libro ou como se   enfronta á tarefa da escrita ficcional. Tras o coloquio final, o alumnado que se fixo cos exemplares do libro puido levalo de volta dedicado polo autor.

 

 

 

 

 

HISTORIAS DE VIDA: vidas con moitas historias

 

O pasado 6 de maio, o alumnado de 2ºESO visitou o Centro de Día para Persoas Maiores de Baiona. Este foi o punto de partida dunha actividade coa que queremos aprender de quen máis sabe da vida, os nosos maiores.

Comezamos por visitar o Centro de Día para entrevistar aos seus usuarios por parellas, que nos contaron como se divertían cando tiñan a idade dos rapaces, como tiveron que empezar a traballar moi cedo para axudar na casa,as experiencias da emigración... deste xeito coñecemos as súas historias de vida, que serán o argumento dun obradoiro de cantigas e regueifas de elaboración propia.

Unha vez elaboradas, prepararemos un acto no Cova Terreña para recitar e cantar as súas vivencias, que nos resultaron ben inspiradoras. Esta será a nosa cumprida e merecida homenaxe.

 

Visita ao Museo de Pontevedra

Crónica de Sara Figueirido Carracedo (4ºESO A)

O pasado 15 de febreiro, o alumnado de 4º da ESO do CPI Cova Terreña fomos visitar o Museo de Pontevedra.      

            

Tras ter as dúas primeiras horas de clase, ás 10:20 collemos o autobús que nos levaría a Pontevedra. Despois duns 40 minutos de viaxe, chegamos ao noso destino sobre as 11. O autobús deixounos moi preto, polo que só tivemos que camiñar un pouco ata o museo. Antes de entrar, fixemos un pequeno descanso para merendar. Un pouco despois entramos ao museo. Tivemos que separarnos en dous grupos para facer a visita, xa que eramos moitos. Os mestres decidiron que o máis sinxelo era que os grupos foran as distintas clases. É dicir, 4ºA fomos con Iago, o mestre de Lingua Galega, mentres que o grupo B foi con Alexandre, mestre de Xeografía e Historia.

O meu grupo comezou a ver o museo polas salas de Castelao, o noso principal interese. En total, visitamos 3 salas adicadas a este personaxe destacado da literatura galega. Na primeira, a nosa guía falounos un pouco da vida en xeral de Castelao, e puidemos ver detidamente algúns dos seus cadros, entre os que estaban os chamados "Contos de Cegos". Despois pasamos á seguinte sala, na que puidemos ver a exposición do Álbum Nós. A última sala dividíase en dúas exposicións: nunha parte estaban expostas as estampas dos álbums de guerra e na outra os seus "debuxos de negros" xunto a un pequeno espazo adicado á súa obra teatral e literaria. Na miña opinión, estas foron as exposicións máis interesantes con diferenza.

                                 

Tras acabar de ver a obra de Castelao, fixemos un pequeno recorrido por outras salas do museo, comezando pola de cerámica de Sargadelos e rematando pola de Manuel Quiroga Losada, un violinista de Pontevedra que gozou dunha gran fama internacional.

Finalmente, volvemos á entrada e esperamos ao outro grupo, que aínda non rematara a súa visita. Cando saíron, fixémonos unha fotografía e regresamos ao autobús para voltar a Baiona.

A Regueifa chegou ao Cova Terreña

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país da secular arte popular da improvisación oral en verso, e este curso chegou ata o CPI Cova Terreña.

Duns anos a esta parte estase a recuperar esta mostra de literatura popular -que ten variantes en case que todas as culturas e que está na orixe de estilos musicais modernos coma o rap e o hip-hop- grazas ao traballo da asociación ORAL DE GALICIA.

O 14 de febreiro tivo lugar o primeiro obradoiro con todo o alumnado de 2º da ESO. Tivemos a sorte de contar cun dos mellores regueifeiros do reino da palabra, Luís O Caruncho, que coa súa zanfona nos explicou a orixe da tradición, como se improvisan as coplas e... axiña foi que nos puxo a regueifar na aula de música!

 Para a segunda sesión do obradoiro O Caruncho traballou co alumnado que máis rápido colleu o ritmo e se botou a regueifar na sesión inicial. Aí foi cando traballou a reo a improvisación con distintos tipos de copla. Foi moi divertido e vimos como da timidez inicial pasamos a ser capaces de improvisar con todo tipo de palabras e situacións.

    

Malia que nesta ocasión non fomos seleccionados para a final do certame provincial, desde o Departamento de Lingua Galega e o EDLG pensamos que estes Obradoiros foron unha actividade estupenda para dar a coñecer a regueifa entre a nosa rapazada, e ao tempo, achegármonos o uso da lingua oral dun xeito máis musical, vivaz e lúdico. Medre a regueifa! 

 

 

Curtametraxes

 

Aquí tes curtametraxes de animación baseadas en relatos moi coñecidos da nosa literatura. Podes buscar os textos orixinais na biblioteca e comparalos coa versión que visualizarás picando en cada título.

Ánxel Fole

Os defuntos falaban castelán

Castelao

Good night mon ami

 Frei Martiño Sarmiento

A escola das areas

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031