Lingua e literatura galega

O Samaín a través dos ollos de "Os lobos"

O venres 28 de outono, coincidindo coa chegada do Samaín, o alumnado de 4º de ESO atreveuse a representar unha adaptación teatral do conto "Os lobos", incluído no volume Á lus do candil, do escritor lugués Ánxel Fole. Foi protagonizado por Omar L., Lilin W., Xoana R. e Aitana G. de 4ºA, e Carla B., Noa C., Gloria C., Santiago G. e María V. de 4ºB, e contou amais co seguinte elenco:

Sara A., Cristina C., Carlota C., Kevin G., Andrea V., Noa V., Gael A. e Manuel D. como veciños e veciñas.

René Ch., Pablo F., Hugo F. e Santiago T. como lobos.

Carla P., Sofía R. e Vanesa S. como equipo de maquillaxe.

Noelia C., Iria G. e Icía S. como equipo de son e efectos especiais.

Finalmente, a alumna Oriana T., de 4ºB, explicou a todo o alumnado o sentido da obra que viñan de representar:"Malia que os protagonistas son os lobos, o autor non quería amosar ningún tipo de xenreira ou odio cara a eles, senón describir os medos que as persoas que habitan as aldeas galegas manifestan cara ao descoñecido, neste caso representado por estes animais. O autor recupera así parte da mitiloxía que acompaña o pobo galego. A través deste texto dialogado, nós, o alumnado de 4º de ESO, quixemos reivindicar o papel que ten a nosa lingua e a nosa literatura nunha data tan importante para os pobos da cultura atlántica, o Samaín".

 

 

 

 

 

Literatura meteorolóxica

O alumnado de lingua galega de 1º da ESO estivo a pesquisar nalgúns dos libros que tiñan a man a frecuencia con que aparecían os fenómenos meteorolóxicos entre as súas páxinas. Para a súa sorpresa, practicamente en todos os libros de consulta, escollidos de xeito totalmente aleatorio, contiñan xa nas súas primeiras páxinas varios destes fenómenos que foron recollendo, definindo e anotando os datos da edición literaria para iren elaborando unha presentación que recollese os froitos da súa pesquisa.

Eis os resultados.

Literatura meteorolóxica

O alumnado de lingua galega de 1º da ESO estivo a pesquisar nalgúns dos libros que tiñan a man a frecuencia con que aparecían os fenómenos meteorolóxicos entre as súas páxinas. Para a súa sorpresa, practicamente en todos os libros de consulta, escollidos de xeito totalmente aleatorio, contiñan xa nas súas primeiras páxinas varios destes fenómenos que foron recollendo, definindo e anotando os datos da edición literaria para iren elaborando unha presentación que recollese os froitos da súa pesquisa.

Eis os resultados.

 

Proxecto de tradución ao portugués do alumnado de 2º da ESO

O alumnado de Lingua portuguesa de 2º da ESO estivo a traballar este derradeiro trimestre nun proxecto de tradución. A temática escollida foi o volcado á lingua portuguesa das cartas dalgúns dos restaurantes da contorna para traballarmos, deste xeito, conceptos, léxico e estruturas básicas da lingua.

Velaquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado por todos eles e elas.

 

Curtametraxes 1º ESO

O alumnado de cadanseu curso de 1º da ESO ocupouse da realización dun guión cinematográfico, e súa posterior gravación, durante as dúas semanas derradeiras do curso.

Eis aquí os resultados tan dispares que a súa imaxinación produciu: unha curtametraxe de fantasía, outra centrada na guerra de mafias e, por último, unha trama policíaca.

Desexamos que as gocedes tanto como a rapazada que as realizou.

 

Obradoiro de Banda Deseñada con Xosé Tomás Díaz

Este mércores, día 1 de xuño, tivemos a gran sorte de contar no noso centro con Xosé Tomás Díaz (ilustrador, guionista, humorista gráfico...) para impartir un obradoiro de Banda Deseñada ao alumnado de 1º da ESO.

Xosé Tomás traballou con eles a etimoloxía dos diferentes vocábulos para nos referir a esta disciplina, a historia da Banda Deseñada, os principios e algunha das técnicas máis usadas, que logo puxeron en práctica.

Foi, pois, unha visita moi proveitosa coa que gozou a rapazada.

Falsos amigos na lingua portuguesa

O concepto lingüístico de falso amigo vólvese recorrente así que iniciamos o estudo das linguas da nosa contorna, aínda que non só. Trátase pois dunha palabra existente neses outros idiomas que se semella, quer en forma quer en pronunciación, a un termo existente na propia lingua do falante. Mais, ollo!, esta palabra posúe un significado diferente, e en moitos casos incluso provoca interpretacións non desexadas, por equívocas ou incómodas, nos nosos interlocutores.

Partindo do anterior, o alumando de Lingua portuguesa de 1º e 2º da ESO elaborou uns cartaces exemplificando cun pequeno repertorio de falsos amigos entre a lingua galega e a lingua portuguesa que agardamos vos axuden nas próximas visitas ao país veciño.

 

 

Exposición do aparello fonador e os espectogramas.

Nunca te preguntaches como emites sons cando falas? Nunca reparaches en que órganos moves para facelo? E nunca pensaches se eses sons... teñen forma?

Para clarificar todas estas dúbidas o pasado mes de abril, co gallo da Semana da Ciencia, o alumnado da materia de Lingua galega e Literatura de 1º da ESO elaborou maquetas dos distintos órganos que conforman o aparato fonador coa fin de representar o seu funcionamento. Para alén diso, tamén convidamos aos visitantes a iniciarse no mundo da Fonética realizando espectogramas, a representación visual dos fonemas, de cadansúa vogal da lingua galega (7).

Por tanto, esta pequena exposición tentou axudar a entender un chisco mellor ese proceso que realizamos milleiros de veces ao día para nos comunicar.

Exposición autores e autoras homenaxeados no día das Letras galegas

O día 16 de maio inauguramos no noso centro unha exposición sobre os autores e autoras homenaxeados no día das Letras Galegas desde o inicio desta efeméride, ano 1963, até a actualidade realizado polo alumnado de 1º e 2º da ESO.

Esta actividade realizouse en colaboración co Departamento de Lingua galega e literatura.

Viaxe do alumnado de lingua portuguesa á vila de Guimarães

O pasado venres, día 13 de maio, o alumnado que está a cursar a materia de Lingua portuguesa en 1º e 2º da ESO viaxou a Guimarães para vivir un día de inmersión lingüística na vila lusa.

Comezaron a xornada realizando unha visita guiada ao Paço dos Duques de Bragança, para así descubriren como vivía a nobreza do século XV.

A continuación, iniciaron unha xincana agrupados por equipos polo centro histórico de Guimarães da man do Museu de Alberto Sampaio, para así coñeceren en profundidade a historia da vila, que se nomea a si mesma como o berce de Portugal, e os seus elementos máis característicos. 

Por último, a xeira concluíu coa ascensión en teleférico á Montanha da Penha e a visita ao centro de peregrinación e a súa contorna.

Gañadores e gañadoras do XVII Certame de relato Dolores Agrelo

Esta mañá, en riguroso directo, déronse a coñecer os gañadores e gañadoras da  XVII edición do Certame Dolores Agrelo.

Nesta edición presentáronse un total de 54 relatos coa seguinte distribución: 29 relatos correspondentes á categoría de 5º e 6º de Primaria, 22 relatos correspondentes á categoría de 1º e 2º da ESO e 3 relatos correspondentes á categoría de 3º e 4º da ESO.

O xurado composto por tres membros da ANPA (Dona Loreto Rodríguez, Dona Carmen Cotovad e Don Sergio Piñeiro), 4 docentes (Dona María José Torres, Dona Carla Iglesias, Dona Eva Vidal e Dona Rocío Dourado) e 3 alumnas e 1 alumno (Xoana Rodríguez, Cristina Corbacho, Nadia Rodríguez e Daniel Torres) acordaron conceder os seguintes premios:

Categoria 5º e 6º de Primaria

3º Premio para Leo Magallanes Baamonde (5ºA) polo relato "O val de Tena".

 

2º premio para Xiana Calero Iglesias (6ºA) polo relato "A lenda do cáliz" e para Breogán Vázquez Pardo (6ºA) polo relato "Unha viaxe por Baiona".

 

 

1º premio para Leo Álvarez Iglesias (6ºB) polo relato "Unha aventura inesquecible".

 

Foto grupal dos gañadores e gañadora:

 

Categoria 1º e 2º de ESO

3º premio para Carolina Isabel López Domingues (1ºESOB) polo relato "Ata o último sorriso"

 

2º premio para Inés Miniño González (1ºESOA) polo relato "As catro chaves máxicas".

 

1º premio para David González Rodríguez (1ºESOC) polo relato "O val do axóuxere".

 

Foto grupal das gañadoras e gañador:

 

Categoría 3º e 4º da ESO:

 2º premio para Gloria Calero Iglesias polo relato "A besta do Val Miñor".

 

1º premio para Gael Álvarez Gándara (3ºESOA) polo relato "A coración de Benford".

 

Foto do gañador e gañadora:

 

Ao longo do día de hoxe, 3 de febreiro, repartíronse uns premios para todos os participantes no certame:

                           Participantes 5ºA de Primaria

 

                                    Participantes 5ºB de Primaria

 

                                   Participantes 6ºA de Primaria

 

                         Participantes 6ºB de Primaria

 

                                           Participantes 1ºA de Secundaria

 

                       

                                         Participantes 1ºB de Secundaria

 

                                     Participantes 1ºC de Secundaria

 

                  Participante 2ºB de Secundaria

 

                             Participantes 3ºA de Secundaria

 

                   Participante 4ºA de Secundaria

 

Moitos parabéns aos premiados e premiadas! E até o vindeiro ano!

 

Visita do alumnado de 1º da ESO á Biblioteca Municipal de Baiona

Este martes 23 de novembro o alumnado de 1º da ESO visitou a Biblioteca Municipal de Baiona, actividade organizada polos Departamentos de Lingua castelá, Lingua galega e a Biblioteca do centro.

A rapazada coñeceu as dependencias da man de Cristina Vilar, a quen lle agradecemos moito as súas instrutivas explicacións, e até algunhas rapazas se animaron a recrear unha pequena función de monicreques.

Parte do alumnado de 1ºA (Leo, Aitor, Lucía, Carolina, Antón, Lucas, Iago e Benjamín) con Cristina.

Grupo de 1ºC (David, Lucía Sarmiento, Raquel, Alejandra, Aitana, Lola, Leyre, Lucía Alonso, Catalina, Sarai, Sara, Adriana, Sindo e Uxía) con Ana Zamorano.

 Parte do grupo de 1ºA: espectadores (Ángel, Daniel, David, Mateo e Mario) e actrices (Rosana, Inés, Laura e Ciara).

 

 Parte do grupo de 1ºB (Uxía, Xiana e Lía) representando o conto do Coelliño Branco.

ARQUITECTURA CON ÉTICA. MAQUETAS.

O alumnado de Valores Éticos de 4º ESO rematou a súa maqueta, na que estiveron traballando ao longo do terceiro trimestre. Eis o resultado. 

Moitas felicidades a todos e a todas! 

ARQUITECTURA CON ÉTICA. MAQUETAS.

O alumnado de Valores Éticos de 3º ESO rematou a súas maquetas, nas que traballaron ao longo do terceiro trimestre. Eis o resultado. 

3º ESO-A

 

3º ESO-B

 

 Como sempre, felicidades a ambos os dous grupos polo seu traballo. 

CARTEIS CONTRA A HOMOFOBIA.

Para dar remate á unidade didáctica contra a homofobia que elaboramos desde o grupo de traballo IGUÁLA-T, o alumnado de 2º ESO-B deseñou unha serie de carteis que demostran a súa tolerancia e o respecto pola diversidade. 

Deixamos aquí unha mostra dos carteis seleccionados. 

Parabéns a todos e a todas.

 

STREET POEMS. AUDIOLIBRO.

Novamente o alumnado de 3º ESO deu mostras para sentirme moi orgulloso deles e delas. Durante este último trimestre estivemos traballando a obra Street poems, de Fran Alonso. Trátase dun libro que deixa ás claras as grandes posibilidades que ofrece o graffiti como recurso didáctico e, neste caso, como elemento vertebrador do xénero poético.

Podedes gozar do resultado final accendo ao arquivo adxunto.

Moitísimos parabéns, grupo!

 

PENÚLTIMAS TENDENCIAS. AUDIOLIBRO

O alumnado de 2º ESO-A elaborou este audiolibro da obra de lectura deste último trimestre: Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

Desde aquí, quero felicitar a todo o grupo polo seu compromiso con esta actividade, e coa materia en xeral.

Podedes ver o vídeo no arquivo adxunto.

 

 

Visita do escritor Gonzalo Navaza ao alumnado de 4º da ESO

O pasado 28 de abril visitou o alumnado de 4º da ESO Gonzalo Navaza (escritor, tradutor, profesor da Universidade de Vigo e especialista en Onomástica) para lles contar como artellou o seu libro de relatos breves Erros e Tánatos, lectura obrigatoria deste terceiro trimestre.

 

Caligramas meteorolóxicos e vídeo-creación de prognósticos do tempo.

Ao abeiro do programa Meteoescolas o alumnado de 4º da ESO  desenvolveu na materia de Lingua galega e literatura o proxecto da creación de Caligramas meteorolóxicos, aproveitando os coñecementos adquiridos no tema das Vangardas galegas,  e expostos no mes de abril na entrada do centro, e mais a vídeo-creación de prognósticos do tempo, logo de traballar en profundidade este campo léxico.

Déixovos a continuación algunhas mostras do traballo dos nosos artistas:

 

 

 

 

 

PROXECTO ARQUITECTURA CON ÉTICA

Da mesma maneira que os grupos de 3º ESO, o alumnado de Valores Éticos de 4ºESO-B tamén está deseñando e construíndo a súa  maqueta seguindo a mesma liña de traballo académico. 

Eis unhas fotografías: 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031