Historia do IES Manuel García Barros

O primeiro instituto que existiu na Estrada estaba na calle Vedelle e recibía o nome de Colegio Subvencionado de 2º Enseñanza de La Estrada. Abriu as suas portas no ano 1933, no mes de novembro. Debido a pouca afluencia de rapaces que había naquel momento no noso pobo, moitos dos alumnos non tiñan a idade suficiente que  cómpre ter para comezar a educación secundaria. Coñecemos os nomes dalgúns profesores daquel momento, que ademais foron os que estiveron presentes no primeiro claustro que se celebrou:
  • Vidal Abascal, matemáticas
  • Mosquera Caramedo, ciencias
  • Mercedes Costa, literatura
  • Antonio Fraguas, xeografía
  • Antonio Lino, francés
  • Luque, física.
  • Director, Don Antonio Lino
  • Secretario, Don Antonio Fraguas.

 

Alumnas no patio do Instituto no ano 1933 aproximadamente
Nos anos da Guerra Civil (entre os anos 36 e 39 aproximadamente) pechouse este centro e abriuse no mesmo edificio unha academia privada chamada Colegio Reconocido Superior de La Inmaculada Concepción.

No ano 1940 volvese a abrir o instituto, co nome de Instituto Nacional de Enseñanza Media, dirixido por Enrique Vidal.

En 1962 foi transformado por Decreto no Colegio Libre Adoptado de La Estrada.

 

Inmaculada Concepción
Primer instituto da
Estrada, anos 30

No ano 1967 o instituto cambiou de localización, pasando á Gran Vía, onde hoxe podemos atopar a biblioteca e o conservatorio. Nesta etapa, recibía o nome Instituto Nacional de Enseñanza Media Mixto de La Estrada. Os diferentes directores foron Don Raúl Souto (entre os anos 70-73); José Sánchez Reboredo, e Mauricio Maïssa. O horario de clase era de 9 a 1 pola mañá e de 4 a 6 pola tarde.

Isto non só supuxo un cambio de localización, se non que foi a creación dun instituto con instalacións e terreos adecuados. Mario Blanco Fuentes, o alcalde nese momento, fixo moitos viaxes a Madrid para conseguir a creación deste instituto.

Existen documentos que mostran que nos primeiros anos o instituto fixo peticións ó Ministerio de Educación e Ciencia para ampliar as instalacións, xa que nun principio o instituto estaba previsto para 400 alumnos, chegando a haber 736.

Instituto Nacional de Enseñanza
Media Mixto de La Estrada, anos 70
No ano 1983 o instiuto trasladouse á súa localización actual na Avenida da Cultura chamándose I.E.S. Manuel García Barros en honor ao escritor. Os directores de este instituto foron Gisèle Maïssa Rodrigo, Fernando Ramos Lista e na actualidade, Gisèle Maïssa Rodrigo de novo.
I.E.S. Manuel García Barros, ano 2008

Para saber máis:

O Instituto da Estrada nas súas fontes hemerográficas e documentais.

Parte I (1933-1960)

Resumo. Dase a coñecer polo miúdo, neste ben documentado traballo, a longa historia do Ensino Medio na Estrada, unha das primeiras vilas de Galicia en acadar tan sinalado servicio. Esta temperá instauración dos estudos medios, o interese e perseverancia dos estradenses todos por dotar aos seus fillos de estudos e, en defi- nitiva, a proximidade da sede universitaria compostelana, propiciou a altísima taxa de graduados universitarios dos que A Estrada presume. 

O Instituto da Estrada nas súas fontes hemerográficas e documentais.

Parte II (1960-2012) 

Resumo. Nesta segunda e última parte abórdase a historia do instituto de Ensino Medio da Estrada dende a construcción do novo edificio da Avenida de Benito Vigo ata a súa desafectación como tal e conseguinte traslado ao actual edificio da Avenida da Cultura, o Instituto Manuel García Barros. Apórtase abondosa informa- ción documental moi útil para o lector ou investigadores interesados na historia do ensino na Estrada e en Galicia. 

por Gisèle Maïssa Rodrigo gmaissar@gmail.com