Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Educación Física, Física e química, Linguas clásicas, Inglés, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Economía, Plástica e Visual, Electricidade, Filosofía, FOL, Francés, Castelán, Galego, Mantemento, Música, RelixiónSen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO 14/06/2023 08:03
Europe/Madrid
AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES: 1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI) 2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS 4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023. Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto. » ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO 08/06/2023 10:32
Europe/Madrid
O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade.
PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF 31/05/2023 14:50
Europe/Madrid
Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.
FORMACIÓN PARA DOCENTES E ALUMNADO DO CSAF CON DOMINGO SÁNCHEZ "PATRÓNS DE MOVEMENTO: MOBILIDADE E ESTABILIDADE" 22/03/2023 14:56
Europe/Madrid
O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora. EXERCICIO FÍSICO DESDE O CSAF PARA ALUMNADO DO LAXEIRO, AMSTERDAM E CERDEÑA. ERASMUS+ STASIETE 10/03/2023 22:22
Europe/Madrid
Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.
Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de LalindeXa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde. Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil. Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click
Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN » CONFERERENCIA E SESIÓN PRÁCTICA: "AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA" 26/02/2023 12:20
Europe/Madrid
O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas. Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT. Coñecendo ás Detectives do CancroCon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida. Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. Soña, atrévete! »
|
Novos números
|