Escoitar, Aprender e Compartir

23 de Abril - Día do Libro no IES de Chapela

Meditación do sorriso

Toma cinco minutos. Para. Respira. Reláxate... E dedícate un sorriso. Aquí tedes os sorrisos do equipo de 1º APSD do IES de Chapela. Moitas grazas.

 

 

Arte Lixo no IES de Chapela

O alumnado do IES de Chapela animouse a participar na actividade ARTE-LIXO. Sabían que neste ano a tarefa sería máis complicada, deberían compartir co máximo coidado, elaborar materiais de forma conxunta, recompilar, traer e levar todos os días os materiais, desinfectar a cada paso... Mais aínda así participaron tentando concienciar ao resto da comunidade do lixo que desbotamos cada día. Non é fácil facer obras de arte reutilizando en todo momento, coidando o medio e procurando non xerar máis lixo do xa existente. Agradecemos a participación e o compartir con nós a experiencia. O grupo A de 1º Educación Infantil elaborou unha maqueta da cidade, o B montou un vídeo cunha serie de obras con caixas, readaptando e versionando o conto Non é unha caixa. O alumnado de 1º e 2º ESO ofreceu desde o Departamento de Tecnoloxía e de Educación Física o Electroberete, o Recicle Boots, o Ecoximnasio... Unha exposición artística chea de reflexión sobre os residuos que xeramos cada día. O noso alumnado ten as súas obras no Multiusos do Piñeiral e na Alameda de Chapela. Moitas grazas a alumnado e profesorado pola súa implicación. Un xeito de acompañar que destapa valores individuais e sociais.

 

   

"Venres con Música" - Boyanka Kostova gañador

Despois de duros combates de aplausos durante os recreos dos venres, xa temos tema gañados dos VENRES CON MÚSICA: o videoclip Muinheira de interior de Boyanka Kostova.

 

 

CUARTOS DE FINAL

SEMIFINAIS

FINAL

 

Guadi Galego

Chea de Vida  (0 PUNTOS)

DakidarríaTerra

 

 

 

Boyanka kostova

Muinheira de interior 

Dakidarría

Terra   (3 PUNTOS)

 

Boyanka kostova

Muinheira de interior

Boyanka kostova

Muinheira de interior 

Sés

Como eu canto

 

The Skarnivals

Foliada Verdecente

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia 

 

 

 

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia 

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia

 

A banda da Loba

Morra o conto

 SonDaRúa

Liberando mentes

SonDaRúa

Liberando mentes

Agradecemento doazón de sangue

 

 

 

A axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS) do SERGAS agradece ao IES de Chapela a súa implicación na doazón de sangue efectuada o pasado 17 de marzo, con 59 participacións, e ao longo da súa traxectoria desde 1995, ano desde o que se acumulan un total de 1225 doazóns.

         Carta de agradecemento

O IES de Chapela recorre á OMS para reivindicar as pantallas acústicas da AP9

         

 

 

 

 

O IES de Chapela recorre á Organización Mundial da Saúde (OMS) para denunciar a situación na que vive como centro desde hai 30 anos. Coa autoestrada AP9 a escasos metros do seu edificio debe soportar o enxordecedor ruído do continuo paso de vehículos á espera de que a concesionaria AUDASA e as administracións políticas, decidan dunha vez por todas colocar unhas pantallas acústicas que as parroquias de Chapela, Trasmañó e Teis, veñen reivindicando durante tres décadas. A profesora de inglés, Teresa Da Cuña, traballou nun texto en inglés que xa está en mans do organismo da Organización das Nacións Unidas especializado en xestionar políticas de prevención, promoción e intervención a nivel mundial en saúde. O escrito foi dirixido á doutora Dorota Jarosińska, quen traballa no Centro Europeo da OMS para o Medio ambiente e Saúde en Bonn, liderando un programa sobre exposicións e riscos ambientais cunha carteira diversa que abarca temas ambientais relevantes para a saúde como a contaminación do aire, a seguridade nos produtos químicos ou o ruído.

Escrito enviado a OMS.

 

Rematou o 2º trimestre

A saída do sol permitiunos rematar o trimestre con algunhas saídas ao aire libre que nos deron un necesario respiro a tanto protocolo. Grazas ao profesorado e a Álvaro Diego da A. VV. de Chapela, por sumar. O noso alumnado de 1º e 2º ESO explorou a contorna natural, recollendo lixo e vixiando como está o noso patrimonio en Chapela. Visitamos muíños e lavadoiros nos ríos Maceiras e Fondón, e realizamos entrevistas a persoas maiores para recuperar lembranzas. Haberá folgos para continuar coa tarefa? Debería. O ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia quixo despedir o alumnado de 2º coñecendo os nosos tesouros de Chapela. Ánimo coas prácticas, mozas e mozos. Practicamos como facer radio cos profesionais de Ponte nas Ondas. Xa non hai escusa para cando volvamos. E rematamos o concurso dos venres con música, coa novidade do aplausómetro. Gañadora, Muiñeira de interior de Boyanka Kostova. A distancia social espílenos a imaxinación. Quédanos un trimestre, ánimo. (Pica nas imaxes para acceder a máis fotos.) 

 

   
   
 Saídas 1º e 2º ESO  Despedida APSD
   
   
Obradoiro de Radio - Ponte nas Ondas  Venres con Música - Muiñeira de Interior

Os pallasos xusticieiros chegan ao IES de Chapela: PANTALLAS ACÚSTICAS XA!

Fin de trimestre

Prezada comunidade educativa,

 

O sábado 27 de marzo comezan unhas vacacións de Semana Santa que se prolongarán ata o luns 5 de abril inclusive. O venres 26 de marzo publicaranse as cualificacións de todo o alumnado na aplicación abalarmobil. As clases desenvolveranse co horario habitual ata a última hora. Lembramos tamén que o día luns 12 de abril é festivo local e non haberá clase. Volvemos a salientar o exemplo de responsabilidade e madurez do alumnado do IES de Chapela ao longo deste curso marcado pola pandemia no que seguimos a evitar o contaxio no centro. O noso agradecemento e os nosos parabéns, mais tamén o recordo de que en ningún momento podemos baixar a garda e de que debemos seguir respectando as normas de prevención para minimizar o risco. Só resta un trimestre. Moito ánimo e boas vacacións.

 

A dirección

Manifestación - Sábado 27 de Marzo - Pantallas acústicas, xa!

Distribuir contido