Matemáticas

O IES Chapela no LIGAMATS

Na tarde do día 6 de abril dous equipos de 1º e 2º ESO do noso instituto, participaron na LIGAMATS, unha liga entre equipos de distintos centros que ten por obxecto resolver problemas, xogos, e diferentes actividades matemáticas relacionadas cos talleres da exposición Imatxina. Nesta 1ª Fase do concurso estiveron por 1º ESO: Natalia González, Iván Nieves, Samuel Míguez e Iván González. Por 2º ESO: Manuel González, Fernando Covelo, Kevin Martínez e Pablo Couto. O noso alumnado valorou as probas realizadas como difíciles, mais ao parecer atinaron coas solucións. Moitas grazas por representarnos.  

XIV Edición IMATXINA - Outra forma de aprender matemáticas

O 5 de abril o noso alumnado de 1º ESO participou nos obradoiros matemáticos que organiza a Fundación Rosalía de Castro co asesoramento pedagóxico de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas). Os corenta e sete alumnos e alumnas participantes, divididos en grupos de aproximadamente quince persoas, pasaron dúas entretidas horas rompéndose un pouco a cabeza, desfrutando doutro xeito de entender as matemáticas, e interactuando con alumnado doutro instituto participante. Ilusións ópticas, calculadora, resolución de problemas, xogos de probabilidade e azar, espellos, xogos de estratexia, construcións co cubo Soma, pentacubos, pentaminós, hexamantes e tangrams... Toda unha chea de actividades nas que foron guiados por amables monitoras e monitores. Unha forma diferente de aprender matemáticas.

Olimpíada Matemática Galega - 2018

   
       

Ania Lampón (2º Bach), Adrián Durán (1º Bach) e Uxío Albá (2º Bach), viaxaron ata Santiago no día de hoxe, 19 de xaneiro de 2018, para participar na Olimpíada Matemática Galega - 2018 que se celebra na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Desta fase galega, na que están presentes centos de alumnas e alumnos de toda Galicia, sairán os tres representantes para a LIV Olimpiada Matemática Española.

Ademais de pasar varias horas, mañá e tarde, tentando resolver problemas, Ania, Uxío e Adrián, puideron facerse unha idea de como funciona a vida nun campus e descubriron algún recuncho de Compostela guiados por todo un experimentado cicerone como é o profesor de matemáticas, Aldán Santamarina. Moita sorte e moitas grazas aos tres por representar ao IES Chapela.

Curso 2017-18

Rincón de pensar

 

 

Por iniciativa do Departamento de Matemáticas o IES de Chapela conta desde esta semana cun novo espazo de lecer xunto á Aula de Convivencia. As xa habituais partidas de xadrez compartirán os períodos de descanso con quebratestas, xogos de lóxica, tamgrams...

O “rincón de pensar” espérate nos recreos! 

 

Concurso de Fotografía Matemática no IES Chapela

   

Alicia Bouza (Educación Infantil) recolle o primeiro premio de mans da profesora Eva Cortegoso.

 

Cúpulas de Leonardo

O Departamento de Matemáticas desenvolveu no IES de Chapela co alumnado de 1º ESO a actividade promovida por IMATXINA 2016, que consiste en construír cúpulas empregando algún dos 11 modelos ideados por Leonardo da Vinci. O vestíbulo do centro converteuse nun obradoiro de construción durante a última semana. Na tarde do pasado sábado 12 de marzo de 2016, 11 alumnas e alumnos de 1º ESO participaron tamén na actividade de divulgación das cúpulas de Leonardo na rúa peonil do Calvario (Vigo).

Programación 2014-15

Ligamats 2014, Diploma

Con motivo de IMATXINA, X  Semana Matemática de Vigo, o  IES CHAPELA  participou na LIGAMATS 2014

O Equipo 1 da Categoría B pasou á final do mércores 19 de marzo, quedando no 4º posto e conquerindo un DIPLOMA

 

Categoría B-Equipo 1 (1º ciclo ESO)

Categoría B-Equipo 2 (1º ciclo ESO)

Categoría C (1º ciclo ESO)

UXÍO ALBÁ OREIRO

JULIO ALONSO RODRÍGUEZ

IGNACIO GARCÍA VÁZQUEZ

ANIA LAMPÓN SANTO

DAVID BOTELLO RODRÍGUEZ 

PABLO BOTELLO RODRÍGUEZ  

CARLOS GARCÍA ALONSO 

JAVIER LAMPÓN SANTOS

DANIEL URBINA NÚÑEZ 

DAVID SOLER GARCÍA 

IAGO FERREIRO ARES 

ANXO JORGE TOBIO

 

O venres 21 de marzo, acudiron á fundación Barrié ao acto de clausura da semana matemática, onde ademais da recollida de premios e diplomas, puideron desfrutar de actuacións e ver como quedou a Esponxa de Menger.

 

Feira matemática Imatxina 2014

O alumnado de 1º ESO visitou a feira matemática Imatxina na Fundación Barrié (Vigo) levando os módulos nivel 2 da esponxa de Menger construídos entre todo o alumnado do centro. O IES de Chapela contribúe así, xunto cos outros centros da comarca de Vigo, á construción do nivel 4 da esponxa de Menger promovida pola Semana Matemática de Vigo.

Distribuir contido