Bolsas e axudas |
Estimadas familias e alumnado, O Ministerio de Educación e Formación Profesional adiantou o prazo de presentación de solicitudes de bolsas de estudos destinadas a persoas que se matriculan en Bacharelato, Formación Profesional (Básica, Ciclos Medios e Superiores) e Universidade (Grao e Mestrado) no curso 2022-23. O prazo abriu o 30 de marzo e remata o 12 de maio. É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde, nin se vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderá pedir para o curso 22/23. Os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos.
Máis información neste enlace. https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Un saúdo. Departamento de Orientación
|
|||
