Lingua Galega

Benvida

Benvidos e benvidas á páxina do Departamento de Lingua e Literatura Galega. Con ela queremos estar un pouco máis achegados ao noso alumnado. Aquí poderedes atopar toda a información relativa a novas que vos poden interesar, actividades, exercicios variados, apuntamentos, etc... Agardamos encher pouco  a pouco de contido este espazo virtual e que sexa de utilidade.

Obra teatral "Language Planning"

O martes 9 de abril, os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH asistiron á representación teatral "Language Planning" no Multiusos da Xunqueira, en Redondela. Trátase dunha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de "Made in Galiza" de Sechu Sende.

 

Language Planning 1 Language Planning 2 Language Planning 3

Pergamiño Vindel - Un tesouro en Sete Cantigas

O dia 29 de novembro o grupo de 1º Bacharelato visitou no Museo do Mar de Galicia a exposición PERGAMIÑO VINDEL - UN TESOURO EN SETE CANTIGAS. Acompañadas e acompañados das profesoras Manuela González  e Olga Nogueira, participaron nun obradoiro sobre a Idade Media e puideron coñecer algo máis desta alfaia da nosa cultura. Por último fixeron unha foto para a historia, todas e todos xuntos co pergamiño.

Presentación de Libros

1 de decembro, 10:30 a 12:00 / Sala de Conferencias

Departamento de Lingua Galega

 

Carlos Pazos-Justo

A imagem da Galiza em Portugal

Através Editora, 2016

 

Roberto Samartim

Mudança política e sistemas culturais em transiçom

Laiovento, 2017

         

O alumnado de 1º Bacharelato coa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira,

participou na presentación dos libros de Carlos Pazos e Roberto Samartim.

Teatro no IES

O alumnado de 1º ESO do IES de Chapela, dirixido pola profesora de Lingua e Literatura Galega Patricia Clavo, preparou durante todo o curso 2014-15 a montaxe da obra de teatro Ruído dunha noite de verán de Inés Falconi, que foi representada no auditorio do multiusos de Chapela o 12 e o 16 de xuño de 2015.

Visita alumnado de Monçao - 2010

Letras galegas 2009 - Ramón Piñeiro

Premio á Innovación en Normalización Linguística 2007

A lingua galega e a relación coas TIC
 

Léxico Galego

Para coñecer léxico galego e practicar diferentes exercicios sobre: as comidas, as partes da casa, a paisaxe urbana, a saúde...

A CASA E OS ARREDORES

O MERCADO E AS COMIDAS

SAÚDE E DOENZAS

PAISAXE URBANA

Os bloques dialectais no galego

Os bloques dialectais no galego: trazos dialectais e escolma de textos dialectais extraídos do libro A nosa fala, publicado polo Consello da Cultura Galega:

OS BLOQUES DIALECTAIS

TEXTOS DIALECTAIS

Distribuir contido