|
|
|
|
|
O luns 29 de maio, dentro das Xornadas de Orientación, celebráronse dúas mesas redondas de emprendemento para o alumnado de ciclos.
- Pola mañá o alumnado de 1º curso dos ciclos de FP da Familia de Sanidade (CM Farmacia e Parafarmacia, CS Dietética e CS Documentación e Administración Sanitarias) puido coñecer as interesantísimas experiencias de emprendemento profesional que nos presentaron Montse @monsetorresnutricionista e Uxía @dietaconcabeza.es e ás que lles agradecemos enormemente a súa visita e as súas achegas.
- E pola tarde o alumnado dos ciclos de FP da Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade (CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia e CS Educación Infantil) tivo o luxo de contar coa presenza de tres institucións referentes no sector e da nosa contorna como son o centro de día Os Cortizos, a escola infantil As Fillotiñas e Miudiño Sociedade Cooperativa Galega, ás que novamente lles agradecemos a súa participación.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xa comezaron as xornadas de orientación deste curso 2022/23. Estas xornadas, organizadas polo Departamento de Orientación do IES, lévanse a cabo co fin de ofrecer toda a información e asesoramento, ao alumnado e ás familias, de cara á toma de decisións académicas para o vindeiro curso escolar. No cartel tedes máis información sobre as sesións que se van desenvolver.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Escola de Familias de Chapela organiza este obradoiro sobre resolución de conflitos para nais e pais, que se desenvolverá o próximo sábado 15 de abril de 10:30 a 13:30 horas no CEIP Igrexa. As persoas interesadas poden reservar a súa praza escribindo ao enderezo: escoladefamilias@ceipdelaredo.com.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |
Hoxe, 22 de novembro, tivo lugar na vila de Redondela o pleno infantil en torno á problemática da saúde mental. No encontro, ademais de destacadas e destacados membros da corporación municipal, participou alumnado de todos os centros do noso concello. Carolina Castro Rodríguez e Saúl Rodríguez Fernández (3º ESO) representaron ao IES de Chapela nunha xuntanza que resultou do máis interesante e produtiva. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |
O venres 17 de decembro, o alumnado do 1º curso de APSD do IES Chapela desfrutou dun obradoiro a mans de Manolo González Garrido, socio fundador e expresidente da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore (Vigo). A través do obradoiro impartíronse nocións básicas no coidado do noso planeta e como integralo nos coidados propios do desempeño profesional dun/ha TAPSD. Do mesmo xeito, afondouse no concepto das 4R (reducir, reciclar, reutilizar e... recuperar) e nas pequenas accións sostibles que se poden levar a cabo no día a día. O noso planeta é finito e nós queremos contribuír co noso grao de area dende as nosas aulas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para poñer en práctica o aprendido en bailes de salón nas clases de Educación Física, os alumnos e alumnas de 1º BACH impartiron unha clase de baile no pabellón de Chapela. Durante a xornada puideron compartir a súa destreza no chachachá cos participantes na actividade de Taichí, que organiza o Concello de Redondela. Foi unha sesión moi divertida na que todos e todas aprenderon moito. Grazas pola vosa participación! |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
|
|
|