FOL

Currículo

CM Farmacia: FOL / Empresa

CS Dietética: FOL / Relacións

CS Documentación: FOL / Empresa

 

CM APSD: FOL / Empresa

CS Educación Infantil: FOL / Empresa

CS Integración Social: FOL / Empresa

Xornadas de Marketing Dixital

O alumnado de ciclos, matriculado no módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE), participou nunhas xornadas de Marketing Dixital para Emprendedores que impartiu a empresa Con C de Comunicación o xoves 10 de novembro e o luns 14 de novembro

Xabier Pérez Davila no Parlamento Europeo

 

O profesor do IES Chapela, Xabier Pérez Davila, xubilado neste curso 2017/18, interveu o 30 de xaneiro de 2018 no Parlamento Europeo invitado polo Grupo Esquerda Unitaria Europea e Esquerda Verde Nórdica. Fíxoo nunhas xornadas en torno á "Xubilación en tempo de crise. Cal é o futuro dos nosos sistemas de pensións?" Xabier, partidario acérrimo do sistema público de pensións, e quen sempre se manifestou en contra da súa privatización, levou a voz de moitas galegas e galegos ao corazón de Europa falando no idioma que defendeu durante a súa dilatada carreira como profesor, o galego. Deixámosvos aquí o vídeo de toda a xornada. A súa primeira intervención acontece entre o 9:52:30 e o 10:12:46. A segunda realízaa entre o 11:09:45 e o 11:12:00. A comunidade educativa do IES Chapela énchese de orgullo, Xabier.

Retirement in times of crisis. What future for our pension systems?

Pérez Davila, Xabier, A batalla polas pensións (1981-2013), Santiago, Estaleiro Editora, 2013.

Distribuir contido