Feiras, exposicións

Visita á Exposición "Sonoro empeño"

Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO visitaron a exposición Sonoro Empeño, na que mediante unha selección de obras de ABANCA e Afundación, proponse un achegamento á confluencia da música e as artes plásticas dende distintas perspectivas. Aquí tedes algunhas imaxes da visita.
 Sonoro empeño 1    Sonoro empeño 3  Sonoro empeño 8
 Sonoro empeño 4  Sonoro empeño  Sonoro empeño 6 Sonoro empeño 6
       

Feira matemática IMATXINA

No pasado mes de marzo o alumnado de 1º ESO visitou a feira matemática IMATXINA promovida pola Fundación Escola Rosalía e AGAPEMA. Nese espazo o alumnado entrou en contacto cunhas matemáticas lúdicas, manipulativas e participativas. A actividade foi organizada polo Departamento de Matemáticas. Nese marco tamén tivo lugar o concurso matemático LIGAMATS no que participaron dous grupos de alumnado da ESO.
 
   
Imatxina 1
 
Imatxina 2     Imatxina 3  
imatxina 4     Imatxina 5  

Mercado do troco

O xoves 20 de decembro fans da literatura, dos comics e das películas da quenda modular atopámonos ao redor dunha mesa na que se dispuxeron os tesouros que recompilamos grazas á proposta da biblioteca. Houbo libros en galego e castelán e tamén películas, como a de: Que facemos con Maisie? Deixamos, para outra ocasión, a banda deseñada. Parolamos ao redor dos motivos polos que recomendábamos a Agatha Christie e os seus dez negriños; a Jules Verne e as súas tribulacións na China; e a Paulo Coello e o seu estilo, tan zen. Dos coñecidos versos de Don Juan Tenorio e Dona Inés; falamos de Dolores Redondo e o seu gardián invisible; asemade, achegouse por alí James Herriot, un veterinario typical english que emociona coas súas andanzas no libro Todas las criaturas grandes y pequeñas e, nun recuncho da mesa, atopamos a Mary Higgins Clark e o misterio das súas novelas. Logo de moitas dúbidas e cábalas, e algunha que outra volta ao redor da mesa para sopesar con siso todas as opcións, decidímonos, iso si, só despois de que tocase o timbre do recreo, pois aproveitamos até o último minuto, xa que a mesa estaba chea de mundos a descubrir. Cada quen escolleu ao fin e voltamos aos nosos quefaceres, imaxinando xa que novas aventuras íamos atopar ao abrir a tapa dun novo libro.
 Mercado do troco en modular 1  Mercado do troco modular 2

Feira científica 2018-19

Para rematar coas actividades do Día da Ciencia en galego, hoxe 16 de novembro, celebramos no instituto a Feira científica "Non é maxia... é ciencia", na que colaboraron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

A actividade foi conducida por alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, que explicaron os seus experimentos e proxectos a todo aquel que se achegou aos postos montados. Tamén contamos coa visita do alumnado dos colexios CEIP Igrexa e CEIP Laredo, que seguiron con moito interese as explicacións dos nosos científicos. Nova en Faro de Vigo.

Aquí tedes algunhas das imaxes da xornada:

 

 Feira científica 1 Feira científica 2 
 Feira científica 3  Feira científica 4
 Feira científica 5  Feira científica 6
 Feira científica 6  Feira científica 7
 Feira científica 8  Feira científica 9
 Feira científica 10  Feira científica 11
 Feira científica 13  Feira científica 12
CEIP Igrexa CEIP Laredo

I Feira de Emprego - IES Chapela

Hoxe, 8 de maio, tivo lugar no vestíbulo do IES Chapela, a I Feira de emprego - Asesoría e Orientación. O alumnado do CS de Integración Social guiou os seus compañeiros e compañeiras de ESO e Bacharelato en torno á orientación formativa e profesional, as competencias laborais, e mesmo ofreceu unha visita aos Ciclos Formativos do instituto. Unha experiencia coordinada pola profesora Eva Ferreira que resultou moi proveitosa para o noso alumnado. Moitas grazas aos asesores e asesoras de Integración Social.

Inauguración de ARTELIXO en Chapela

 

 

Hoxe, 14 de abril ás 17:00, acto de inauguración de ARTELIXO no Paseo de Cardona, en Laredo (Chapela).

 

Ás 18:00 o IES Chapela presentará a súa obralixo en forma de trono literario.

 

 

                ACHEGÁDEVOS!

1º Mercado de Troco Modular

   

O 20 de decembro tivo lugar o 1º MERCADO DE TROCO MODULAR, organizado e xestionado polo alumnado do módulo de Destrezas Sociais do ciclo APSD Modular. A xornada foi exitosa, o alumnado trocou libros, filmes e música facendo uso das súas papeletas... aínda que algúns quedaron sen poder facelo, non trocaron xa que non achegaran nada antes! Mirade os datos: 159 libros, películas e música recollida; 89 trocos realizados; 17 persoas trocando. O alumnado que non trocou propón que se realice outro día de troco... cando o faremos? Esperamos que para a  próxima  non  quedes en "fóra de troco".

Mercado do Troco

   

O 14 de decembro, como estaba previsto, trocamos intensamente, tanto en horario diúrno como en horario adulto - oferta modular.

Intensamente traballaron tamén as profesoras da biblioteca para que todo estivese preparado e no seu sitio o xoves.

Toda a comunidade escolar achegouse á nosa feira e algúns que non trouxeron nada para intercambiar quedaron coas ganas.

Na próxima feira non te quedes en "fóra de troco".

Fotos do Día da Ciencia en Galego

LUME NUNCA MÁIS!

Grazas a iniciativa da profesora Mónica Puga, tedes a oportunidade de expresar no IES Chapela as vosas emocións, pensamentos, accións que hai que levar a cabo, informacións... en relación a vaga de lumes que asolou Galicia hai uns días. En forma de imaxes, reflexións escritas, datos sobre os incendios ou recollendo accións de voluntariado...

 

EXPRÉSATE!! Este panel que hai na entrada do instituto, é para ti!

Distribuir contido