Admisión e matrícula |
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO e BACHARELATO - Curso 2023-24 O proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-24 iniciouse coa apertura do período de reserva para o alumnado dos centros adscritos ao IES de Chapela (CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Igrexa e CEIP Laredo), entre o 15 de xaneiro e o 6 de febreiro. As listaxes co alumnado que reservou praza para o IES de Chapela publicaranse no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.
Admisión do alumnado de novo ingreso para ESO e Bacharelato no curso 2023-24 Prazo: 1 ao 20 de marzo
Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación:
Vacantes
Listaxe provisional: 25 de abril Listaxe definitiva: 15 de maio
|
|||||||||||||||||||
|
|||
Coincidindo co período de admisión de novo alumnado, o IES de Chapela abre ás súas portas na semana do 6 ao 10 de marzo a nais, pais e alumnado que desexen coñecer as instalacións do centro e a nosa oferta educativa. O horario de atención será de 9:30 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres, sen necesidade de reservar cita previamente. O único requisito será informar en conserxería do interese en realizar a visita e un membro do equipo directivo acompañará aos/ás interesados/as no percorrido polo centro.
|
|||
Recordamos que o alumnado que queira matricularse nun ciclo formativo por primeira vez, deberá participar no proceso de admisión previo á matricula e agardar a que se publique a adxudicación definitiva para matricularse. Esta circunstancia inclúe ao alumnado repetidor de 1º curso, e ao alumnado de réxime adultos modular. ADMISIÓN CICLOS FP HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO POR PORTELO: 9:00 - 13:00
|
|||||||||||||||
Ábrese o proceso de admisión do alumnado de novo ingreso para ESO-BACH no curso 22-23 Prazo: 1 ao 21 de marzo
Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación
Vacantes
Listaxe provisional: 26 de abril Listaxe definitiva: 18 de maio
|
|||||||||||||||||||
Orde 18-12-20 Admisión alumnado Orde 12-3-13 Admisión alumnado
Prazo: 1 ao 22 de marzo Documentación: Fotocopia do DNI ou folla de inscrición da alumna ou alumno no Libro de familia Certificado de matrícula (con código XADE), no que conste o curso que estuda actualmente Padrón familiar
|
|||
Información e seguimento do proceso de ADMISIÓN desde a páxina https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2019-2020 Calendario do desenvolvemento do proceso de admisión. A presentación de solicitudes comeza o 25 de xuño ás 9:00 e remata o 8 de xullo ás 13:00 horas. Información completa sobre a Formación Profesional (oferta, probas, currículos, validacións, normativa... na web http://www.edu.xunta.gal/fp/
|
|||
Ante as confusións que está a ver coa reserva, admisión de alumnado novo de ESO e BACH e matrícula, facemos a seguinte aclaración. A reserva de praza para alumnado procedente dos colexios adscritos de primaria, e a admisión de alumnado novo de ESO e BACH para o próximo curso procedente doutros centros, están pechadas. Tan só restan a admisión de alumnado de FP e a matriculación de todo o alumnado do centro. Ambos os dous procesos prevese que teñan lugar a principios de xullo. Dos dous publicarase información na páxina web e enviarase un abalarMobil ás familias.
|
|||
Restablecese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnado en ESO e BACH. O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Publicaranse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño de 2020. O procedemento para a presentación das solicitudes pode facerse de xeito telemático seguindo as instrucións que se detallan na seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Tamén se poderán presentar solicitudes de xeito presencial no centro previa petición de cita a través do correo electrónico: ies.chapela@edu.xunta.gal No correo deberán indicar nome e número de teléfono para establecer contacto. A cita previa poderase concertar ademais a través do teléfono do centro (886 110 610) en horario de 10:00 a 13:00. Preferiblemente este será tamén o horario de entrega de documentación. Acudirá un único adulto, sen acompañamento, respectando as distancias de seguridade e os protocolos que se indiquen. Prégase que nas instalacións do centro se porte mascarilla. Estas medidas tómanse pola seguridade das traballadoras e traballadores do noso centro, e de toda a comunidade educativa. Moitas grazas.
|
|||
Solicitude de Admisión Curso 20/21 - Alumnado de novo ingreso ESO - BACH Prazo: 1 ao 20 de marzo Documentación Fotocopia do DNI ou folla de inscrición da alumna ou alumno no Libro de Familia. Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que estuda actualmente. Padrón Familiar.
|
|||
