Física e Química

Saída didáctica a PESCANOVA

    O alumnado de Física e Química de 4º ESO acompañado das profesoras Mª Carmen Domínguez e Olga rey, visitou o 16 de xaneiro a factoría de Pescanova para coñecer o funcionamento do seu laboratorio. A experiencia, que contou ademais cun pincho de despedida, resultou do máis grata e aproveitable. Moitas grazas a Pescanova polas atencións recibidas!

Charla sobre ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá

No día de onte, 22 de marzo de 2018, o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, José Benito Vázquez Dorrío, impartiu unha charla para o alumnado de ciencias de 1º e 2º Bacharelato en torno ao tema Ondas, cores e interferencias na ciencia, na enxeñería e na vida cotiá. A actividade, organizada polo Departamento de Física e Química, resultou do máis interesante para o alumnado.

Olimpíadas Física e Matemáticas

O venres 13 de abril tivo lugar en Ourense o acto de entrega de premios da Olimpíada de Física. O mércores 18 de abril tivo lugar en Santiago o acto de entrega de premios da Olimpíada Matemática. Na entrega de ambos os dous premios está a nosa alumna de 2º Bacharelato Elia Fernández Blanco. Moitos parabéns!!! Nova na prensa e na páxina da xunta.

Olimpíada Física. Ourense 13-4-2012. Máis fotos Olimpíada MatemáticaSantiago 18-4-2012 Máis fotos

Masterclass Física de Partículas

As alumnas Paula, Elia e Alba, e o noso alumno Enrique, de 2º de Bacharelatoparticiparon o xoves 22 de marzo de 2012 na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da USC. Na xornada, profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, achegaron o mundo das partículas elementais a estudantes  de 17 centros de Galicia. Asistiron a unha conferencia, analizaron datos reais do LHC e contactaron co CERN nunha videoconferencia na que compartiron os seus resultados con centros de San Paulo (Brasil), Clermont Ferrand (Francia) e Xenebra (Suiza). Nova no Xornal.

   

   

 

 

Olimpíada Internacional de Física - 2012

A nosa alumna de 2º Bacharelato, Elia Fernández Blanco, acadou un segundo posto na Fase Local da Olimpíada de Física. A proba correspondente á Fase Local celebrouse o pasado venres 24 de febreiro de 2012, ás 16:00 horas, na Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. Os tres primeiros alumnos e alumnas seleccionados de cada Universidade, recibirán do Ministerio de Educación un premio en metálico e irán á fase Nacional. A Fase Nacional terá lugar en Bilbao do 20 ao 23 de abril de 2012, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro da Iberoamericana.  Parabéns tamén a Alba Fernández Blanco e Paula García Oliveira por participaren  na proba.

Visita á Facultade de Química da UVIGO - 1º Bacharelato

Premio "A Química a través do Cómic"

O pasado venres 17 de decembro de 2010, no Centro Social Novacaixa Galicia, tivo lugar a entrega dos premios "A Química a través do Cómic", concurso convocado no marco da Semana da Ciencia 2010. Entre os premiados, o noso alumno Abel Gil Erquicia e o seu cómic sobre o Galio. Moitos parabéns!

Fotos da entrega do premio en PDF

II Olimpíada Química - ESO

Concedido un accésit ás alumnas participantes na fase final da II Olimpíada de Química en Santiago. Moitos parabéns!!

Fernández Blanco, Elia

Fernández Blanco, Alba

Alumnas de 4º ESO na Fase final da II Olimpíada de Química

As nosas alumnas de 4º ESO A, están clasificadas para participar na Fase Final da II Olimpíada Galega de Química para alumnado de ESO. Acudirán á Fase Final que se celebrará o xoves 27 de maio de 2010 na Facultade de Químicas de Santiago de Compostela. Moitos parabéns!!

Alba Fernández Blanco. Acta por postos

 
Elia Fernández Blanco. Acta por puntos

Semana da Ciencia - 1º e 2º Bacharelato na ETSE Minas

Distribuir contido