EDIXGAL

EDIXGAL

Prezadas familias,

Este ano comezamos no centro co Proxecto E-DIXGAL en 1º ESO, un proxecto que lle proporcionará ao alumnado e ao profesorado interesantes ferramentas tecnolóxicas para o ensino.

Podedes consultar o folleto informativo de E-DIXGAL e as normas de uso máis abaixo. Asemade no portátil do alumnado vai un adhesivo con código QR que dirixe á páxina informativa do proxecto, onde atoparedes videotitoriais co que cómpre saber sobre E-DIXGAL e o tratamento do portátil  recibido.

Para poder levar o portátil asignado a casa cómpre que asinedes un acordo de cesión coa Consellería. Enviarémolo a través do alumnado e deberá ser remitido ao centro nun prazo de 2 días desde o día de recepción. É importante que o asinedes para que o alumnado teña en casa o portátil e lle permita un mellor aproveitamento das clases e recursos do programa. Sobre todo, en previsión de que nalgún momento saltemos á educación a distancia.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición. Un saúdo.

 

 

Guía EDIXGAL

Normas de uso EDIXGAL - IES de Chapela

Distribuir contido