Eleccións Consello Escolar

Consello Escolar

O Consello Escolar é o órgano de goberno colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, nais e pais, persoal non docente, ademais dunha representación do Concello de Redondela, e doutra posible das organizacións empresariais do ámbito do instituto. No mes de novembro van ter lugar as eleccións de novos membros e este órgano renovarase parcialmente. Neste espazo da nosa web podes seguir todo a actualidade en relación ao proceso electoral. Sorteo para formar a Xunta Electoral, constitución da mesma, calendario de actuacións, presentación de candidaturas, censos, constitución das mesas electorais, votacións, lexislación que regular o proceso... Para calquera cuestión non dubides en poñerte en contacto coa dirección do centro ben persoalmente, ben a través do noso correo electrónico. E sobre todo, participa. O Consello Escolar é o máis importante órgano de goberno do instituto, un exemplo do que debe ser a xestión democrática e participativa dun centro educativo.

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN

O novo Consello Escolar

Hoxe, 30 de novembro de 2022, a Xunta Electoral proclamou as candidatas e candidatos elixidos para o Consello Escolar. Moitas grazas a todas e a todos por ter participado, tanto en calidade de candidatos e candidatas, como de electoras e electores. A conformación do principal órgano de goberno do centro queda da seguinte forma:

Equipo directivo

1.    Antonio Bas Corujeira
2.    Aleixandre Méndez Miguens
3.    Fátima Ferreiro Díaz
4.    Javier Soto Cid

Profesorado

5.    Graciela Collado Fernández
6.    Nuria Redondo Frutos
7.    Sara Alba Gómez
8.    Paula Martín Pandelo
9.    Mª  Tamara Rial Montes
10.  Sabela Ruzo Cedillo
11.  Cesáreo S. Domínguez Peixoto

Alumnado

12.  Iria Maestú Rodríguez
13.  Lidia Bastos González
14.  Hugo Suárez Martínez
15.  Marina González Alonso

Persoal non docente

16.  Ramón Nóvoa Pérez

Nais, pais, titores e titoras legais

17.  Noelia Prieto Gómez
18.  Paula Cordeiro García
19.  Macarena Domínguez Silva (ANPA)

Representante do Concello de Redondela

20.  Olga Mª García Ballesteros

Eleccións representantes nais e pais - 29 de novembro

De acordo coa convocatoria do mes en curso, o próximo día 29, martes, en horario de 16'30 a 19'30 horas, celebrarase no IES de Chapela a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do centro.

Toda a información sobre o proceso pode consultarse na circular informativa dispoñible na seguinte ligazón.

 

Proclamación de candidaturas

Hoxe, 21 de novembro, a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela proclamou e publicou as candidaturas presentadas polos distintos sectores da comunidade educativa, segundo se indica a continuación. As eleccións realizaranse o 29 de novembro para nais e pais, alumnado e persoal non docente, e o 24 para o profesorado. Elixiranse 2 representantes de alumnado, 2 representante de nais e pais (1 nomeado pola ANPA), 1 representante do persoal non docente, e 4 representantes do profesorado.

ALUMNADO

                 Alvizúa Rey, David (3º ESO B)

                 Bóveda Álvarez, Zack (4º ESO B)

                 Cordeiro Martínez, Sara (2º ESO C)

                 González Alonso, Marina (EDIN - Modular)

                 Rodríguez Soares, Eiden (4º ESO B)

                 Suárez Martínez, Hugo (1º Dietética)

 

NAIS – PAIS – TITORES-AS LEGAIS

                 Prieto Gómez, Noelia

                 Rodríguez Señariz, Avelino

 

PROFESORADO

                 Alba Gómez, Sara

Alonso Alonso, Rocío

Collado Fernández, Graciela

Martín Pandelo, Paula

Mosquera Vázquez, Marta Emilia

Redondo Frutos, Mª Nuria

Rodríguez Alonso, Mª Elena

 

PERSOAL NON DOCENTE

                 Novoa Pérez, Ramón

Datas elección Consello Escolar

No PDF adxunto pódense consultar as datas máis improtantes do proceso de renovación do Consello Escolar no curso 22-23.

Convocatorias e modelos de presentación de candidaturas

Hoxe, 3 de novembro, constituíuse a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela e aprobouse o calendario de actuacións que se van levar a cabo nas próximas semanas para renovar o noso Consello Escolar. Desde o día 10 estarán publicados os censos electorais nos taboleiros do centro e as convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos. Facilitamos a continuación, ademais das distintas convocatorias, un modelo para presentar a candidatura aos sectores de alumnado e nais-pais, que logo de cuberto debe ser entregado á direccion do centro. Animamos a toda a comunidad escolar a participación activa nestas eleccións.

Convocatoria ALUMNADO     Modelo Presentación de Candidatura ALUMNADO
Convocatoria NAIS-PAIS-TITORES-AS     Modelo Presentación de Candidatura NAIS-PAIS-TITORES-AS

Resultado do sorteo para formar a Xunta Electoral

Realizado o sorteo público o día 27 de outubro de 2021 ás 10:30 para formar a Xunta Electoral de cara ás eleccións do Consello Escolar do IES Chapela, obtense o seguinte resultado.

1. Representantes do profesorado

Titular: Mª Elena Rodríguez Alonso // Suplente: Mª Tamara Rial Montes

2. Representantes das nais/pais ou titores e titoras legais

Titular: César Santos Barciela // Suplente: Verónica Villares Parga

3. Representantes do alumnado

Titular: Emilio Jario Santos // Suplente: Ainhoa Fernández Extremadura

4. Representantes do persoal non docente

Titular: Eugenia Crespo Prado // Suplente: Ramón Novoa Pérez

Sorteo público dos membros da Xunta Electoral

Iniciamos o proceso electoral que vai renovar parcialmente o Consello Escolar do IES de Chapela coas eleccións que se realizarán a última semana de novembro. O próximo xoves 27 de outubro, ás 10:30, procederase ao sorteo público no despacho de dirección do IES Chapela para elixir representantes do profesorado, alumnado, persoal non docente, e nais e pais, de cara a formar a Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección de novas e novos membros do Consello Escolar.

Lexislación que regula o proceso

Distribuir contido