Avisos, convocatorias

Validación de módulos profesionais

Lémbrase ao alumnado de ciclos formativos que pode solicitar a validación de módulos profesionais.

As solicitudes de validación de ciclos LOXSE/LOE a ciclos LOE e de ciclos LOXSE a ciclos LOXSE (así como a validación do módulo de FOL de calquera ciclo LOXSE ou LOE e as validacións a partir da acreditación de unidades de competencia e os certificados de profesionalidade) son competencia da Dirección do centro educativo e deberán presentarse nos 20 primeiros días de clase. Para iso cubrirase o Anexo XIV e achegarase orixinal e copia do certificado académico.

As demais solicitudes de validación (de ciclos LOE a ciclos LOXSE, de estudos universitarios, dunha FP I ou FP II) son competencia do Ministerio de Educación e poden presentarse ao longo de todo o curso, pero terán preferencia para a súa resolución as presentadas ata outubro. Para estas solicitudes cubrirase o Anexo V e achegarase orixinal e copia do certificado académico en castelán. No caso de solicitar a validación a partir de estudos universitarios, haberá que presentar a maiores a seguinte documentación:

  • Copia do programa oficial das materias cursadas, selada ou asinada electronicamente en cada cara, a unha cara e en castelán.
  • Certificado da universidade onde conste que o programa que se achega é o realmente cursado e superado pola persoa interesada, tamén en castelán.

As solicitudes de validación presentaranse nas ventás de secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas ou os luns e venres pola tarde na xefatura de estudos en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Ligazón para a presentación dos ciclos a distancia

Para acceder á presentación dos ciclos a distancia, que terá lugar este martes 12 de setembro ás 19:00 horas de forma telemática, preme na seguinte ligazón:

Ligazón presentación distancia

Corrixido o 08/09/23 tras detectar un erro na data (a presentación será o 12, non o 11).

Presentación e inicio de clases curso 2023-24

Horarios ciclos modular curso 2023-24

Pincha aquí para consultar os horarios dos ciclos de modular (réxime de persoas adultas) na modalidade presencial o vindeiro curso 2023-24.

Oferta de módulos no réxime de persoas adultas na modalidade presencial (bloques horarios)

Podedes consultar aquí a oferta de módulos no réxime de persoas adultas na modalidade presencial para o vindeiro curso 2023-24, agrupados nos seus correspondentes bloques horarios (Horario 1 ou Horario 2). Os horarios de docencia de cada módulo colgaranse proximamente.

Admisión en ciclos formativos - Curso 2023/24

Xa está publicado o calendario de admisión en ciclos formativos para o curso 2023/24. Tedes toda a información sobre o proceso de admisión aquí.

Calendario de exames finais / probas de avaliación extraordinaria para o alumnado con PD en ciclos

Calendario Exames Avaliación Extraordinaria Bacharelato

Exames finais- 2º BACH

Saída anticipada ESO e Bach - 13:00 - Volta Ciclista a Galicia

O xoves 24 de febreiro a Volta Ciclista a Galicia pasará polo noso concello provocando o corte de tráfico entre Redondela e Vigo, afectando principalmente á estrada nacional 552 ata a Avenida de Vigo por onde continuará ata a Avenida de Galicia para proceder a súa entrada en Vigo. Dito corte abarcará previsiblemente desde as 14:00 ás 15:00. É por esta circunstancia, e de cara a asegurar a saída do instituto e a chegada do noso alumnado aos seus fogares, que os alumnos e alumnas de ESO e BACH abandonarán o centro escolar ás 13:10, hora na que serán recollidos e recollidas polo transporte escolar. Un saúdo.

A dirección.

Distribuir contido