Novas |
O alumnado que rematou os seus estudos no ano 2020 ou anteriores e realizou o depósito do título, pode pasar pola Secretaría a recoller o título.
|
|||
Os Vales para Adquisición de Material Escolar deberá recollelo a persoa solicitante ( non alumnado) a partir do 15 de setembro en conserxería. A partir do curso 2021/22 o IES de Chapela estará incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 50 €) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 6 de maio de 2021.
Información resumida da Orde do 6 de maio de 2021 - IES de Chapela
Enlace con máis información á paxina da consellería Enlace á aplicación para descargar os formularios Anexo I Anexo II Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento
|
|||
ESO: O centro dispón de libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade. Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.
Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel.
|
|||
Despois de duros combates de aplausos durante os recreos dos venres, xa temos tema gañados dos VENRES CON MÚSICA: o videoclip Muinheira de interior de Boyanka Kostova.
|
|||||||||||||||||||||||||
|
|||
Restablecese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnado en ESO e BACH. O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Publicaranse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño de 2020. O procedemento para a presentación das solicitudes pode facerse de xeito telemático seguindo as instrucións que se detallan na seguinte páxina: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Tamén se poderán presentar solicitudes de xeito presencial no centro previa petición de cita a través do correo electrónico: ies.chapela@edu.xunta.gal No correo deberán indicar nome e número de teléfono para establecer contacto. A cita previa poderase concertar ademais a través do teléfono do centro (886 110 610) en horario de 10:00 a 13:00. Preferiblemente este será tamén o horario de entrega de documentación. Acudirá un único adulto, sen acompañamento, respectando as distancias de seguridade e os protocolos que se indiquen. Prégase que nas instalacións do centro se porte mascarilla. Estas medidas tómanse pola seguridade das traballadoras e traballadores do noso centro, e de toda a comunidade educativa. Moitas grazas.
|
|||
|
|||
|
|||
A que fora profesor de galego no IES de Chapela hai dous cursos, Olga Nogueira, convídanos a escoitar o tema Fomos namorare do grupo As efémeras. Estes seis redondeláns que forman As efémeras íanse presentar ao vivo esta fin de semana. Xa non vai poder ser. Mais desde o confinamento nos mandan esta canción con letras apegadas á terra, música para cantar e bailar, sons para que sigamos mantendo acesa a chama do amor aínda que as circunstancias nos separen ou nolo compliquen. Grazas Olga por este agasallo!
|
|||
A Consellería de Educación publica as Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20, á espera da publicación da normativa estatal correspondente. A administración galega, con competencias plenas en educación, argumenta no retraso da administración do Estado Español, a falta dunhas instrucións claras. De xeito xeral e con pouca concreción, as orientacións provisionais reiteran indicacións de carácter global efectuadas xa pola ministra Isabel Celaá o pasado 15 de abril. Mentres tanto alumnado e profesorado seguirán a traballar suplindo o baleiro de normas e indicacións como mellor poden e entenden.
|
|||
