Educación Física

PERCORRIDO POLA SENDA VERDE DE CHAPELA. REIVINDINCACIÓN DOS ESPAZOS VERDES E PARA A CIDADANÍA NO DÍA INTERNACIONAL SEN COCHES. 22/9/22

NO DÍA INTERNACIONAL SEN COCHES FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA SENDA VERDE DE CHAPELA CO ALUMNADO DE 1º e 3º DE ESO. APROVEITAMOS ESTE PASEO PARA REIVINDICAR ESPAZOS PARA A CIDADANÍA PARA CAMINAR, IR EN BICI!

 

ACTIVIDADES LÚDICAS E DEPORTIVAS NO IES CHAPELA CURSO 2022-23

Clases de baile impartidas polo alumnado de 1º BACH

Para poñer en práctica o aprendido en bailes de salón nas clases de Educación Física, os alumnos e alumnas de 1º BACH impartiron unha clase de baile no pabellón de Chapela. Durante a xornada puideron compartir a súa destreza no chachachá cos participantes na actividade de Taichí, que organiza o Concello de Redondela. Foi unha sesión moi divertida na que todos e todas aprenderon moito. Grazas pola vosa participación!
Bailes de salón 1 Bailes de salón 2
Bailes de salón 3 Bailes de salón 4
Bailes de salón 5 Bailes de salón 6
Bailes de salón 7 Bailes de salón 8

Campionato campo a través

      Alumnado de 2º e 3º ESO, acompañado das profesoras Nuria Redondo e Diana Barreiro, participou no Campionato Zonal de Campo a través organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Na mañá do xoves 17 de xaneiro correron representando ao IES Chapela xunto a outros centros dos concellos de Mos, O Porriño e Redondela. As nosas corredoras e corredores, da categoría cadete, acadaron un excelente resultado, destacando a terceira posición de Nerea González Canabal na categoría feminina.

Surf en Patos - 2º e 3º ESO

     
Cincuenta alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO, acompañadas das profesoras de Educación Física Lucía e Nuria, inícianse no surf na Praia de Patos (Nigrán) coa Escola de Surf "Patos".

I Campionato de Ultimate

O pasado 16 de abril comezou a desenvolverse o I Campionato de Ultimate do IES Chapela no Pavillón Municipal da parroquia. O ultimate é un deporte de equipo que se xoga cun disco voador, frisbee, tanto en pista como en praia, e que se caracteriza por ser mixto. Competiron un total de nove equipos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bach, chegándose a un gran final, na pista do instituto, entre 2º ESO e 1º Bacharelato. Na mesma resultou gañador 1º Bacharelato. Moitos parabéns a todas e a todos, e sobre todo á profe de Educación Física, Lucía Ferreiro, pola súa iniciativa e a súa enerxía. PDF con máis fotos do Campionato.

X Campionato Provincial de Orientación

Os cursos de 1º ESO A-B-C participaron o 20 de marzo no X Campionato Provincial Escolar de Orientación celebrado na Lanzada (O Grove). A saída, organizada polo Departamento de Educación Física, resultou do máis instrutiva e lúdica.

Excursión a Andorra

  

26/27-2-2018. Desde a estación de Grandvalira en Andorra, a expedición de esquiadoras e esquiadores de 4º ESO e 1º Bacharelato, comandada por Nuria, Lucía e Juan, manda saúdos e informa de que todo vai vento en popa. Moita actividade mais tamén tempo para descansar.

ACROSPORT no IES Chapela

Ofrecemos aquí unha mostra dos exercicios de acrosport realizados polos alumnado de ESO e Bacharelato na materia de Educación Física coa profesora Lucía Ferreiro. O acrosport é unha modalidade deportiva que combina acrobacia e coreografía e no que están presentes elementos de forza, flexibilidade, equilibrio, danza... Mais sobre todo é unha actividade de grupo na que cada persoa adopta un rol necesario para conseguir a harmonía e coordinación do colectivo. Parabéns ao alumnado de Chapela pola súa creatividade, implicación e esforzo. Todo un exemplo do que significa traballar en equipo.

 

    

    

APUNTES EDUCACIÓN FÍSICA 1ª AVALIACIÓN

Distribuir contido