Transporte

Liña C3 - VITRASA

 

A empresa de transporte público VITRASA conecta o IES CHAPELA con Vigo a través dunha liña circular de amplo percorrido e dobre sentido, a C3.

Esta liña ten dúas paradas próximas ao IES CHAPELA: a 2130 e a 2080.

A parada 2130 está na beirarrúa do IES CHAPELA e nela o autobús cóllese en dirección Vigo.

A parada 2080 está na beirarrúa contraria ao IES CHAPELA, no Pavillón Municipal de Chapela, e nela o autobús cóllese en dirección Redondela ata o Alto da Encarnación onde dá a volta para dirixirse a Vigo pola Avda. de Vigo.

 

Pica na imaxe para ver o percorrido do C3 partindo da parada 2130 Pica na imaxe para ver o percorrido do C3 partindo da parada 2080
   

 

A frecuencia de paso en ambas as dúas paradas é de 15 minutos. A través da app ViBus, podes informarte en tempo real de cando vai pasar o autobús que desexas. Descargando os seguintes arquivos tamén podes ver os horarios de paso do autobús polas dúas paradas.

 

Horarios de paso parada 2130

Horarios de paso parada 2080

 

    Para máis información consulta a web da empresa VITRASA.

 

Transportes Escolar ESO

Itinerario 1

Bar Tesouro - A Concheira (Gasolineira) - Xogo dos bolos (Cabanas) - Baixada Arealonga - Catro Pontes

 

Itinerario 2

Alto Encarnación - Antigo Bar Manolo - Estación - Mobles Ibárrez

 

Itinerario 3

Subida á Madroa - Diminuídos - Camiño da Bruxa - O Picoto - A Lamosa - Transformador

 

Itinerario 4

Trasmañó (Chalé do ciclista) - Trasmañó 2 - Trasmañó 3 (Colexio Trasmañó) - Trasmañó 4 (Parque Infantil) - Igrexa - Subida a Trasmañó

Distribuir contido