|
|
|
|
|

Estrea da obra “Pon o teu propio título”, de APSD modular en colaboración coa Asociación Xaruma e a ESAD
Como xa informamos en entradas anteriores, ao longo deste curso académico unha boa parte do alumnado e profesorado do ciclo de APSD (horario 2 do réxime modular) estivo a participar nun proxecto de teatro comunitario, en colaboración coa Asociación Xaruma para a integración e promoción social de persoas do eido da saúde mental e coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, así como co apoio do Concello de Redondela, que nos cedeu as instalacións do auditorio do multiusos Piñeiral do Crego para os ensaios. Froito do traballo conxunto, xurdiu o grupo de teatro Xanela (Xaruma + Chapela), que agora presenta a obra de creación colectiva "Pon o teu propio título". A estrea terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 19:30 horas no multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), e agárdase que nela o público teña o seu propio papel. O acceso será de balde e estará aberto a todas as persoas que desexen asistir ata completar aforo. Agardámosvos! Para irvos abrindo o apetito, tedes aquí o cartel e o vídeo promocional da obra, elaborados polas alumnas Andrea Vázquez e Alicia Rey, respectivamente.
https://youtu.be/Zpyo-474noc (ligazón ao vídeo en Youtube)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |
Para calquera futura técnica en Atención a Persoas en Situación de Dependencia a empatía é algo fundamental. Por iso, o mércores 27 de abril o alumnado de APSD modular foi ata Redondela para, da man do FIC Andaina, poñerse na pel dunha persoa cega e unha persoa xorda no ámbito audiovisual. Menuda experiencia! Grazas por invitarnos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|

O alumnado do horario 1 de APSD modular reivindica o uso da lingua de signos con este vídeo e necesita o teu voto. Soamente tes que entrar neste enlace
https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html
Buscar o IES Chapela no formulario que está abaixo de todo, votar e compartir.
Moitas grazas!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ao longo da segunda avaliación, o alumnado de APSD modular recibiu a visita de varias persoas con diversidade funcional do noso propio contorno: Secundino Curro (diversidade funcional visual), Eva Rodríguez Rodríguez e Beatriz Rodríguez Rodríguez (diversidade funcional auditiva), e Natalia García (diversidade funcional física / acondroplasia). Estas visitas, xunto co obradoiro de teatro inclusivo que estamos a levar a cabo en colaboración coa asociación Xaruma (para a integración de persoas con problemas de saúde mental) e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, permitíronnos seguir dando forma ao proxecto “En compañía”, dirixido a achegarnos á realidade de distintos perfís de persoas con diversidade funcional ou usuarias de servizos de atención sociosanitaria a través do contacto directo coas mesmas para coñecelas mellor e derrubar mitos, prexuízos e barreiras.
Moitas grazas a todas estas persoas pola súa colaboración! Así mesmo, moitas grazas ao Concello de Redondela, que está a cedernos o auditorio do Multiusos Piñeiral do Crego para as sesións de teatro e que nos facilitou de balde o servizo de interpretación de lingua de signos para a charla de Eva e Beatriz!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O pasado luns 28 de Marzo o alumnado do ciclo medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do ciclo superior en Integración Social en modalidade a distancia, tivo a sorte de poder escoitar a Selene, promotora da Casa do Maior "A Lavandeira" e cunha grande experiencia no eido das persoas maiores e persoas con discapacidade. Grazas Selene por facernos pasar unha tarde tan amena e produtiva escoitando as túas experiencias!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 7 de marzo, o alumnado e profesorado de APSD diúrno e modular e de Integración Social tivemos a sorte de contar con Paulino Campos, xornalista de TVE, RNE, El país, e activista social, presidente de REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e usuarias de residencias e da dependencia) e portavoz da "Plataforma Estatal de Organizacións de familiares e usuarias de residencias de persoas maiores e de persoas con discapacidade". Paulino ofreceu unha charla acerca da xestión das residencias de persoas maiores en Galiza e da loita que realiza por mellorar as condicións de vida das persoas residentes e das súas familias. Foi unha conversa chea de humanidade e fraternidade cara á dignificación do traballo das xerocultoras e da calidade de vida das persoas maiores. Grazas Paulino!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O pasado 18 de febreiro o alumnado de APSD Modular recibiu unha charla sobre saúde mental ofrecida pola Asociación Xaruma. Nela puidemos achegarnos ao labor desenvolvido por esta entidade e debater arredor dos mitos e verdades dos problemas de saúde mental, tan presentes na nosa sociedade actual. Grazas a María por axudarnos a entender mellor esta realidade!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O martes 15 de febreiro os grupos 1 e 2 de APSD tiveron unha charla con Jessica Martínez Romero, unha moza que padece unha enfermidade rara co grao 3 de dependencia. Falounos do seu día a día e dos coidados que precisa. Ela é feliz porque valora as pequenas cousas de cada día, e todo o que a rodea. Aprecia o cariño de todas as persoas que a coidan, familia e profesionais. Gustaríalle ser coach para axudar as persoas a ser un pouco máis felices. Ten unha cadeira motorizada que lle permite realizar todas as actividades cotiás de xeito autónomo. Moitas graza Jessica. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |
O venres 17 de decembro, o alumnado do 1º curso de APSD do IES Chapela desfrutou dun obradoiro a mans de Manolo González Garrido, socio fundador e expresidente da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore (Vigo). A través do obradoiro impartíronse nocións básicas no coidado do noso planeta e como integralo nos coidados propios do desempeño profesional dun/ha TAPSD. Do mesmo xeito, afondouse no concepto das 4R (reducir, reciclar, reutilizar e... recuperar) e nas pequenas accións sostibles que se poden levar a cabo no día a día. O noso planeta é finito e nós queremos contribuír co noso grao de area dende as nosas aulas.
|
|
|
|
|
|
|
|