ANPA |
O número premiado coa cesta de Nadal da ANPA foi o 256. Parabéns ao afortunado ou afortunada!
|
|||
Queridas familias, Dende a Anpa Penisal queremos pedir a vosa colaboración neste Nadal para elaborar unha gran cesta de Nadal que sortearán os/as nenos/as de 4º ESO e 1º Bacharelato para axudar a pagar a excursión de fin de curso, que este ano consistirá en ir esquiar a Andorra. As rifas véndenas os rapaces e rapazas por un prezo de 1€, e o recadado será integramente para eles/as. Por iso, imos recoller en conserxería os produtos navideños ou alimentos non perecedoiros que queirades achegar, así coma calquera outro produto que consideredes apto para a cesta. Os nenos e nenas agradecen moito de antemán a vosa colaboración. Os propietarios de negocios de servizos que queiran colaborar con algún bono regalo poden contactar coa Anpa (anpa.ieschapela@gmail.com) para facer as colaboracións e os anunciaremos no taboleiro da Anpa do instituto, na entrada. (Un peiteado, almorzo, etc). O sorteo farémolo o dia 22 de decembro no segundo recreo cos rapaces e publicaremos tamén, na paxina do centro, o número premiado.
|
|||
A ANPA Penisal do IES Chapela convoca aos seus socios e socias (pais/nais/alumn@s) a unha xuntanza no salón de actos do centro o martes 25 de outubro ás 18:30 horas para falar dos medios posibles para que a ANPA poida axudar á recadación dos cartos para a excursión.
A circular coa convocatoria e información adicional sobre o pago da cota da ANPA pode consultarse na seguinte ligazón.
|
|||
A inscrición para a actividade pode realizarse a través da seguinte ligazón: Inscrición evento: PRESENTACIÓN ESCOLA DE FAMILIAS
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, representada polo grupo Axentes do Cambio, vén de facer unha proposta na que desexan animar ás familias a participar. Trátase de que en Redondela fomentemos o #Giving Tuesday, que este ano sería o 30 de novembro: un día para dar, en contraposición ao consumismo do Black Friday. As rapazas e rapaces do Consello propoñen que este ano esas doazóns sexan para os damnificados do volcán de La Palma, e propoñen que fomentemos esas doazóns, a través da canle oficial que para iso ten establecido o Cabildo de La Palma. Achegamos carta explicativa, onde se indica o número de conta e o xeito de doar, para que as familias interesadas o poidan facer.
|
|||
|
|||
Benvidas e benvidos desde a ANPA do IES de Chapela ao novo curso que comeza. Lembrarvos que o obxectivo desta ANPA é colaborar co instituto e as familias para acadar a máxima calidade en todos os aspectos da educación que se ofrece ás nosas fillas e fillos, tanto formativa como humana. Queremos facervos partícipes das nosas achegas e brindarvos a posibilidade de participar e colaborar connosco. Lembrade que podedes poñervos en contacto connosco a través do noso correo electrónico: anpa.ieschapela@gmail.com Necesitamos nais e pais para formar parte da asociación. Este ano quedou minguada pola marcha dalgúns compoñentes da mesma por motivos de incompatibilidade para continuar. Agardámoste, contamos contigo. Importe COTA ANPA: 15 euros por familia. CONTA: ES66 2080 5103 3030 0003 8787
|
|||
