#Giving Tuesday

O Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, representada polo grupo Axentes do Cambio, vén de facer unha proposta na que desexan animar ás familias a participar. Trátase de que en Redondela fomentemos o #Giving Tuesday, que este ano sería o 30 de novembro: un día para dar, en contraposición ao consumismo do Black Friday.

As rapazas e rapaces do Consello propoñen que este ano esas doazóns sexan para os damnificados do volcán de La Palma, e propoñen que fomentemos esas doazóns, a través da canle oficial que para iso ten establecido o Cabildo de La Palma.

Achegamos carta explicativa, onde se indica o número de conta e o xeito de doar, para que as familias interesadas o poidan facer.