Proxecto de vida activa e deportiva- Curso 2021/22

Plan Proxecta-Proxecto de vida activa e deportiva- Curso 2021/22 Departamento de Educación Fisica

CALENDARIO TORNEO RECREOS

ALUMNADO DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS 2º BACH.

CHICOS E CHICAS DE 2º BACH DE ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS CURSO 21-22

BOS RATOS! MOI BOA SORTE! E SEGUIDE FACENDO DEPORTE!

LOGROS DEPORTIVOS DO ALUMNADO DO IES CHAPELA 2022

Proxecta

 

CARMEN GARCÍA ALONSO 4º ESO A

MEDALLA DE BRONCE

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LOITA OLÍMPICA CATEGORÍA CADETE 49 KG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA MARZO 22

EQUIPO DO CLUB DE REMO CHAPELA: NA FOTO: PEDRO 3º ESO C, HUGO 4º ESO A, DAVID ALVIZÚA 2º ESO, NICO SANTORIO 4º ESO A e ANXO VALDÉS 4º ESO A.

MEDALLA DE BRONCE CADETE MASCULINO NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BATELES (PAIS VASCO) MAIO 22 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS CURSO 2021-22.

 

-       Saída 1º bach camiño de Santiago Senda da auga. 7/10/21

Realizamos unha saída aproveitando o paso do Camiño de Santiago pola contorna de Chapela, tan preto do noso centro que podemos chegar caminando. Camiñamos pola senda da auga, sendeiro que nos deleita cunhas incomparables vistas. Pincha na imaxe para ver mais.

 

      Saída 1º ESO senda da auga. 15/10/21

Realizamos un percorrido co alumnado de 1º ESO acompañados de dous alumn@s do grupo en cadeira de rodas avaliando as dificultades que atopamos neste senso.

 

 

-    Xogos populares magosto. 17/11/21

Durante a celebración do magosto e as semanas anteriores aproveitamos para descubrir algúns xogos populares e volver practicar os que xa coñecíamos… Pincha na imaxe para ver mais.

 

-   Torneo deportivo  Nadal (Fútbol, Baloncesto, balonmán) (17,20,21/12/21)

Unha vez rematadas as actividades de avaliación apetece disfrutar do deporte para iso organizamos o torneo de Nadal no que o alumnado participou en varios deportes.

 Pincha aquí para ver mais fotos. 

 

     Colaboración co departamento de dietética charlas alimentación 4º ESO.

O alumnado de 2º de dietética ofreceu ao alumnado de 4º de ESO unhas charlas sobre o etiquetado nos productos alimenticios e sobre a dieta equilibrada.

 

-    Entroido “temática deportiva”. (25/2/22)

No entroido puxémonos en plan deportivo e practicamos todo tipo de deportes e bailes!

Pincha aquí para ver mais fotos. 

 

-    Colaboración co alumnado de 2º Educación infantil: “Actividade de relaxación e percepción sensorial “ co 1º ESO. (24/3/22)

 O alumnado de Educación Infantil elaborou unha sesión de relaxación e actividades de percepción sensorial para 1º de ESO.Quedaron moi relaxados e contentos.  

 Pincha aquí para ver mais. 

-   Gymkana da diversidade 1º ESO. Colaboración co alumnado de 1º Infantil. (23/3/22)

Realizamos unha gymkana de actividades parapercibir asdificultades que temos cando non podemos utilizar os nosos sentidos, as nosas extremidades…

 

Pincha aquí para ver mais. 

 

-    Semana de actividades deportivas.  (6/4/22)

 Cartel 

-    Zumba coa colaboración de Laura Álvarez, profesora no complexo deportivo de Chapela. 5,6/4/22

Esta vez puxemos en marcha ao IES Chapela. Veu Laura, unha antiga alumna e púxonos a mover o esqueleto coa zumba. Moita marcha! Pincha na imaxe para ver mais fotos.

 

Cross fit coa colaboración de Ángela, profesora no complexo deportivo de Chapela. (19/4/22)

O alumnado de 4º de ESO sudou a gota gorda con Ángela que veu a dar unha clase de cross fit ao IES!

 

-   Torneo deportivo solidario 2ª avaliación. (22/3 – 8/4/22)

De novo ao rematar os exames e aproveitando o bo tempo saímos a relaxarnos, tomar o aire e disfrutar das actividades deportivas despois do duro traballo no 2º trimestre.

 

Colaboración do alumnado de 1º de dietética para a realización das medicións antropométricas e probas DAFIS.

O alumnado de 1º de dietética colaborou co departamento de EF para a realización de medicións e probas físicas DAFIS.

   

 Pincha na imaxe para ver mais fotos.

 

 

   

 

Preparando o maratón das Letras Galegas 2022!!

O alumnado do IES realizou nas clases de EF o percorrido do maratón para preparar a carreira para o luns 16. Ánimo a tod@s!!

 

Práctica de deportes na praia 3º ESO C (27 maio)

Aproveitando o calor... fumos á praia a practicar deportes. Que calor!!

 Pincha na foto para ver mais.

Charla de Juan Padín co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. (2 xuño 2022)

Juan Padín atleta do Clube de Vigo deu unha charla ao alumnado de diferentes cursos da ESO sobre a súa traxectoria no mundo do atletismo. O atleta vigués é sordo e é un especialista en distancias de 400 e 800. O seu proximo reto é participar no europeo de Polonia en agosto.

Juan estuda 1º de Farmacia no IES Chapela ademais de entrenar a rapaces e o seu soño e converterse en entrenador persoal.

A súa charla versou sobre como chegar á excelencia no deporte. A relación entre o talento, o adestramento, a concentración, o sacrificio, as emocións... Todo para chegar ao mais alto

 

 Pincha na foto para ver mais.

 

 

TORNEO SOLIDARIO IES CHAPELA 2ª AVALIACIÓN

Unha pequena mostra do torneo da 2ª avaliación. Bo nivel dos equipos en volei e fútbol!!

ACTIVIDADES SEMANA DEPORTIVA CAMBIOS

RESULTADOS TORNEO SOLIDARIO IES CHAPELA 2ª AVALIACIÓN

Distribuir contido