Taxas Títulos

Pago de taxas de títulos académicos LOXSE - LOE

(Alumnado de FP que rematou os seus estudos, incluída a FCT, e alumnado que rematou o bacharelato.)

1. O pago de taxas de expedición de títulos poderá facerse de dúas formas:

A) Telematicamente   https://ovt.atriga.gal/

Unha vez feito o pago telemático deberáse retroceder ao apartado Operacións realizadas e imprimir o modelo 730 para envialo ao correo electrónico ies.chapela@edu.xunta.gal , xunto coa fotocopia do DNI, co fin de rexistrar o depósito do título e expedir o correspondente certificado.

B) Presencial

Solicitar o impreso na Secretaría do IES de Chapela, onde se lle indicará o trámite a seguir.

 

2. Tarifas de expedición de títulos

En ambos os dous casos é importante saber que en caso de Familia numerosa, pagarase a metade do importe como se indica no cadro que segue. Deberán xustificalo documentalmente achegando a copia do Libro de Familia Numerosa.

30.20.00

Actuacións en materia de títulos académicos e profesionais

30.20.01

Expedición de títulos académicos e profesionais LOXSE – LOE

Título / Tarifas

Tarifa normal

Familia numerosa

Categoría xeral

Familia numerosa

Categoría especial

Bacharel

52,94 €

26,50 €

0 €

Técnico

21,64 €

10,84 €

0 €

Técnico superior

52,94 €

26,50 €

0 €

 

3. Datos a cubrir tanto na modalidade telemática como presencial

Taxas LOE

Taxas LOXSE

Distribuir contido