|
||||||
Prezada comunidade educativa do IES de Chapela, Coincidindo co comezo do curso 2022-2023, o IES de Chapela inicia tamén un novo ciclo coa configuración dun novo equipo directivo. Tras catro anos de incansable traballo do equipo anterior formado por Sefi, Patricia, Elena, Olga e Miguel, ao que queremos transmitir unha vez máis o noso sincero agradecemento, desde a nova directiva formada por Antonio Bas (director), Javier Silvela (vicedirector), Aleixandre Méndez (xefe de estudo de diúrno), Fátima Ferreiro (xefa de estudos de adultos) e Javier Soto (secretario) poñémonos a disposición da comunidade educativa do IES de Chapela para dar continuidade ao gran labor realizado polos compañeiros e compañeiras que nos precederon, e co compromiso de seguir traballando pola mellora do noso centro e da educación do noso alumnado. Con este misión, nesta nova etapa queremos consolidar os logros acadados nos últimos anos e reforzar aínda máis a comunicación entre os distintos axentes da nosa gran comunidade educativa (alumnado, profesorado, PAS, familias...), polo que estaremos abertos ás vosas suxestións a través do correo electrónico do centro e de diferentes vías que iremos introducindo para favorecer dita comunicación. Un afectuoso saúdo cos nosos mellores desexos para este curso 2022-2023. O equipo directivo do IES de Chapela
|
|||
A partir de hoxe martes 19 de xullo está dispoñible na entrada do centro o listado definitivo de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar (cheque 50 euros). As persoas SOLICITANTES xa poden vir recoller os cheques.
|
|||
Recordamos que o alumnado que queira matricularse nun ciclo formativo por primeira vez, deberá participar no proceso de admisión previo á matricula e agardar a que se publique a adxudicación definitiva para matricularse. Esta circunstancia inclúe ao alumnado repetidor de 1º curso, e ao alumnado de réxime adultos modular. ADMISIÓN CICLOS FP HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO POR PORTELO: 9:00 - 13:00
|
|||||||||||||||
|
|||
ESO: O centro dispón de libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade. Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.
Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel.
|
|||
|
|||
O alumnado de 4º ESO e 1º Bach realizou unha viaxe a Asturias para celebrar o final de curso. Despois de moito traballo unhas merecidas vacacións! A proposta deste viaxe incluia un montón de actividades deportivas!! Descenso do Sella en kayak, iniciación ao surf, escalada, barranquismo... Estes chicos e chicas están en boa forma!! Parece que o pasaron moi ben.
|
|||||||
|
|||
|
|||
