|
|
|
|
|

O alumnado do horario 1 de APSD modular reivindica o uso da lingua de signos con este vídeo e necesita o teu voto. Soamente tes que entrar neste enlace
https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html
Buscar o IES Chapela no formulario que está abaixo de todo, votar e compartir.
Moitas grazas!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (horario 2) do réxime de persoas adultas está a desenvolver este curso un obradoiro de teatro inclusivo en colaboración coa asociación Xaruma, centrada no traballo en prol da integración das persoas con trastornos mentais. Neste obradoiro, que se leva a cabo cada dous luns no auditorio do multiusos Piñeiral do Crego, está a participar alumnado e profesorado do ciclo, persoas usuarias e profesionais de Xaruma, e profesorado e alumnado da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática).
O obradoiro inscríbese no proxecto de aprendizaxe “En compañía”, co que perseguimos que o alumnado se achegue aos colectivos de intervención a través do contacto directo con persoas reais do noso contorno pertencentes a estes colectivos, dándolles voz e protagonismo para coñecermos as súas características e necesidades a partir dos seus propios testemuños e experiencias.
Ao longo destas primeiras sesións do obradoiro puidemos tomar contacto coas outras persoas participantes, desinhibirnos pouco a pouco, apropiarnos do espazo, iniciarnos nalgunhas técnicas de teatro-imaxe e reflexionar sobre o que cada unha de nós podemos aportar no que esperamos que culmine cunha pequena peza teatral de creación colectiva. E agora somos xa todas e todos un só grupo ao que decidimos denominar Xanela (de Xaruma + Chapela).
Volveremos en xaneiro con moitas ganas de seguir dándolle forma a esta iniciativa de arte comunitaria. Moitas grazas a todas e todos os que estades a facer posible esta aventura!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para festexar o último día deste curso 18/19 o alumnado de Música e Artes escénicas de 1º e 4º ESO e os alumnos e alumnas de Linguaxe e Práctica musical de 1º BACH prepararon unhas estupendas actuacións coas que deleitaron a todo o público. |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|

Pica na imaxe, para ver a súa actuación. Desprázate ao segundo 13:15.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
O pasado 22 de xaneiro a nosa alumna Ilidenys Rodríguez Ogando (4º ESO B), acompañada por varias compañeiras e compañeiros do instituto e polos profesores Manuel Villar e Dolores Tapia, participou cantando no programa Bamboleo da TVG. Este sábado 26 podes ver a súa actuación ás 22:00 na canle autonómica. Non cho perdas! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
 |
|
 |
Hoxe, 30 de maio, tivo lugar o esperado concerto do grupo SonDaRúa no IES Chapela. Hugo Guezeta, Alex Arnoso e o seu compañeiro Marcos, non defraudaron e ofrecéronos unha hora de rap reivindicativo, combativo e comprometido co noso país e coa lingua galega. Tamén tiveron tempo a realizar un obradoiro co alumnado de 1º Bacharelato. Ánimo co voso traballo e unha forte aperta de toda a comunidade educativa. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
Os días 25 e 26 de xaneiro, arredor de 100 alumnas e alumnos de 2º ESO e 3º ESO, asistiron ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto Todo é percusión, interpretado polo dúo de percusión Dúas acompañado de dúas bailarinas de arte contemporánea, Exire. Dúas e Exire ofrecéronos unha selección de temas nos que xuntaron danza e percusión nunha perfecta simbiose que pretendía amosar os ritmos vitais que nos acompañan día e día. Deixámosvos un enlace onde podedes ver íntegro o espectáculo Todo é percusión. O Departamento de Música agradece o apoio da ANPA e o do propio IES Chapela para costear o transporte ata Santiago, ademais da participación na saída das profesoras Carolina e Ana Belén. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
 |
Hoxe, 24 de xaneiro, o alumnado de música de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, asistiu ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto A Música Vocal, interpretado polo trío vocal As Lollipops, acompañadas do pianista Cristian Leggiero. As Lollipops está formado por tres voces femininas que interpretaron temas relacionados co swing, pop, rock and roll, gospel, soul, jive, R&B e mesmo rock alternativo. Deixámosvos un enlace da súa interpretación do tema Creep, de Radiohead.
|
|
|
|
|
|
|
|