Música, teatro, poesía

Ilidenys Rodríguez Ogando no Programa Bamboleo

 
O pasado 22 de xaneiro a nosa alumna Ilidenys Rodríguez Ogando (4º ESO B), acompañada por varias compañeiras e compañeiros do instituto e polos profesores Manuel Villar e Dolores Tapia, participou cantando no programa Bamboleo da TVG. Este sábado 26 podes ver a súa actuación ás 22:00 na canle autonómica. Non cho perdas!  

SonDaRúa no IES Chapela - 30 de maio

   
Hoxe, 30 de maio, tivo lugar o esperado concerto do grupo SonDaRúa no IES Chapela. Hugo Guezeta, Alex Arnoso e o seu compañeiro Marcos, non defraudaron e ofrecéronos unha hora de rap reivindicativo, combativo e comprometido co noso país e coa lingua galega. Tamén tiveron tempo a realizar un obradoiro co alumnado de 1º Bacharelato. Ánimo co voso traballo e unha forte aperta de toda a comunidade educativa.     

Concerto Dúas e Exire - Santiago de Compostela

     
 
Os días 25 e 26 de xaneiro, arredor de 100 alumnas e alumnos de 2º ESO e 3º ESO, asistiron ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto Todo é percusión, interpretado polo dúo de percusión Dúas acompañado de dúas bailarinas de arte contemporánea, Exire. Dúas e Exire ofrecéronos unha selección de temas nos que xuntaron danza e percusión nunha perfecta simbiose que pretendía amosar os ritmos vitais que nos acompañan día e día. Deixámosvos un enlace onde podedes ver íntegro o espectáculo Todo é percusión. O Departamento de Música agradece o apoio da ANPA e o do propio IES Chapela para costear o transporte ata Santiago, ademais da participación na saída das profesoras Carolina e Ana Belén.   

Concerto The Lollipops - Santiago de Compostela

 

Hoxe, 24 de xaneiro, o alumnado de música de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, asistiu ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a escoitar o concerto A Música Vocal, interpretado polo trío vocal As Lollipops, acompañadas do pianista Cristian Leggiero. As Lollipops está formado por tres voces femininas que interpretaron temas relacionados co swing, pop, rock and roll, gospel, soul, jive, R&B e mesmo rock alternativo. Deixámosvos un enlace da súa interpretación do tema Creep, de Radiohead.

Teatro no IES

O alumnado de 1º ESO do IES de Chapela, dirixido pola profesora de Lingua e Literatura Galega Patricia Clavo, preparou durante todo o curso 2014-15 a montaxe da obra de teatro Ruído dunha noite de verán de Inés Falconi, que foi representada no auditorio do multiusos de Chapela o 12 e o 16 de xuño de 2015.

Teatro en Chapela

O venres 14 de novembro de 2014 ás 12:30 o alumnado de 1º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato, 1º CS Ed. Infantil e 2º CM ASPD asistiu á representación da obra A verdade vestida de Eduardo Blanco Amor, a cargo do grupo de teatro IAD-12 da Universidade Laboral de Ourense.

 

Consulta detalles da obra

Fotos no Blog do ENDL

 

A Banda do Patio

Banda do Patio, formada por alumnado do IES Chapela, ensaiou temas en galego para ofrecerllos a todo o instituto permitindo que a xente participase cantando nun privilexiado karaoke con músicos en directo. Pica na imaxe e segue nesta páxina a súas actuacións entre 2011 e 2014 na que a agrupación pasou por diferentes compoñentes.

EDLG: A Hostia en Verso

Recital poético-ludico a cargo do grupo Poetas da Hostia, que tivo lugar o xoves 22 de maio de 2014 no pavillón de Chapela.

Actividade Leixaprén - 2014

Foto e vídeo da actividade poética-pictórica-musical "Leixaprén" que tivo lugar no multiusos do Piñeiral do Crego o pasado martes 22 de abril e na que participou o alumnado de 3º ESO.

I RAPGUEIFA - Maio 2012

      Na mañá do venres 11 de maio, ás 12:10, tivo lugar no IES Chapela o I Festival RAPGUEIFA no que puidemos comprobar a evolución da regueifa tradicional, representada por dous importantes músicos, nas formas máis actuais do rap, no que participaron varios ex-alumnos do noso centro coas bases rítmicas do DJ Pol.       

Podes ver todos os vídeos no blog do EDLG       Fotos en PDF        Rapgueifa no xornal

Distribuir contido