ANPA

Charla "Internet Segura" - Multiusos de Chapela - 15 de marzo ás 20:00

EXCURSIÓN GROVE 2019

 lOGO ANPA

 

Recórdase ás familias do IES Chapela de 1º e 2º da ESO que a data límite de inscrición para a excursión do Grove remata o xoves 28 de febreiro.

 

A excursión está programada para a semana do 24 ao 28 de xuño (ámbolos dous incluídos), o custo dependerá do número de participantes, será ao redor de 140 € por alumno.

 

Farase unha reunión un mes antes da saída.

 

Os interesados terán que poñerse en contacto con Bea, no número de teléfono 695483551. 

Descargar impreso

 

                                                                                        Un saúdo

 

Charla dirixida ás familias

Charla dirixida ás familias

Claves para un bo uso das redes sociais.

Xoves, 13-12-18 / 17:00 - 20:00

IES A Guía (Vigo)

Mar Castro

Máis información e inscrición

 

Charla dirixida ás familias

Charla dirixida ás familias

Adolescencia. Entendémola?

Luns, 10-12-18 - 20:00

Auditorio Piñeiral do Crego (Chapela)

Profesionais do Equipo de Prevención de Érguete

Máis información

Guía Abalar Móbil Familias

Prezadas familias!

No seguinte enlace podedes descargar a guía do ABALAR MÓBIL para as familias que durante este curso 2018-19 se pretende implementar no IES de Chapela.

GUÍA ABALAR MÓBIL FAMILIAS

Agradecemento e aviso da ANPA

A Xunta Directiva da ANPA IES Chapela agradece ás 77 familias que, neste curso académico 2018/2019, se asociaron á mesma abonando a cota correspondente, e anima ao resto das familias que non forman parte da ANPA a que se asocien, lembrándolles que o prazo remata o próximo 30 de novembro de 2018.

Importe cota: 13 Euros

CCC: 2080-5103-30-3000038787

Eleccións Consello Escolar Nais-Pais-Titores-as legais

Hoxe, 6 de novembro, constituíuse a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela e aprobouse o calendario de actuacións que se van levar a cabo nas próximas semanas para renovar o noso Consello Escolar. Desde hoxe están publicados os censos electorais das nais, pais, titores e titoras legais do noso alumnado, nos taboleiros do centro. Tamén as convocatorias de eleccións para este sector. Facilitamos a continuación, ademais da convocatoria, un modelo para presentar a súa candidatura, que logo de cuberto debe ser entregado á direccion do centro. Animámolos e animámolas á participación activa nestas eleccións, tanto como persoas electoras como persoas elixibles.

Convocatoria NAIS-PAIS-TITORES-AS     Modelo Presentación de Candidatura NAIS-PAIS-TITORES-AS

Actividades Extraescolares - ANPA

A ANPA do IES CHAPELA ofrece dúas actividades extraescolares para este cursos 2018-19:

Patinaxe     Linguaxe de signos
   

Pendente queda a confirmación dun curso de robótica e outro de técnicas de estudo.

 

Máis información

Asemblea da ANPA - Xoves 18 de outubro - 19:30

A ANPA do IES Chapela convoca a primeira reunión da asociación para todas as interesadas e interesados.

O xoves 18 de outubro, ás 19:00 en 1ª convocatoria e 19:30 en 2ª convocatoria, esperámosvos no IES Chapela.

Descargar convocatoria

Chamamento da ANPA á participación para o curso 2018/19

A ANPA do IES Chapela inaugura o seu espazo na Web do IES e fai un chamamento á participación de todas as nais e pais na Asociación.

Agora que remata o curso 2017/18 e xa temos á vista o 2018/19 anímate a asociarte e a colaborar coa nosa ANPA.

No PDF Adxunto podes atopar toda a información.

Distribuir contido