Eleccións Consello Escolar Nais-Pais-Titores-as legais

Hoxe, 6 de novembro, constituíuse a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela e aprobouse o calendario de actuacións que se van levar a cabo nas próximas semanas para renovar o noso Consello Escolar. Desde hoxe están publicados os censos electorais das nais, pais, titores e titoras legais do noso alumnado, nos taboleiros do centro. Tamén as convocatorias de eleccións para este sector. Facilitamos a continuación, ademais da convocatoria, un modelo para presentar a súa candidatura, que logo de cuberto debe ser entregado á direccion do centro. Animámolos e animámolas á participación activa nestas eleccións, tanto como persoas electoras como persoas elixibles.

Convocatoria NAIS-PAIS-TITORES-AS     Modelo Presentación de Candidatura NAIS-PAIS-TITORES-AS