CM APSD |
Apertura de dúas listas DIFERENTES da Xunta de Galicia.
1.- XEROCULTORES: Por primeira vez ábrense as Listas da Xunta para Xerocultores nas que se ten en conta a titulación de TAPSD. DOG nº 54, Luns 18 de marzo de 2019 O prazo remata o 30 abril. (VER ANEXO)
2.- COIDADOR/A AUXILIAR. Listas xerais da Xunta. DOG nº 42 - 28 de febreiro de 2019. Prazo: 15 de xullo. Grupo IV -Categoría 004 Denominación Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado Requisitos: Graduado en ESO, graduado escolar, técnico (ciclo formativo de grao medio) ou equivalente. Celga 3 (VER ANEXO)
Para anotarse entrade na web da xunta https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral?langId=es_ES
|
|||
|
|||
|
|||||||
A empresa Clece está ofertando un posto de traballo coas seguintes características:
· FORMACIÓN: (calquera dos tres):
- Ciclo Formativo de Grado Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia - Ciclo Medio CAE. - Certificado de Profesionalidade de atención a persoas no domicilio - Certificado de Profesionalidade de atención a persoas en institucións
· DISPOÑIBILIDADE: (varias opcións) Na actualidade a maior demanda é de Fins de semana e festivos.
- Luns a Venres (mañá e tarde) - Luns a Venres (mañá) - Sábados, Domingos e Festivos (sempre mañá e tarde)
· CONDICIÓNS: (a convir)
- Contrato inicial de 6 meses con opción de prórroga e estabilidade. - Opción de contratos de interinidade (vacacións, baixas…). - Xornada parcial flexible, compatible con estudos ou outros empregos - Salario por Convenio Galego de Axuda a Domicilio, actualizado a 2019.
· VALORABLE:
- Vehículo propio (abónanse os KM realizados para o servizo) - Experiencia na atención a persoas dependentes.
PODEDES ENVIAR OS VOSOS CURRÍCULOS A: javirola@clece.es
|
|||
OFERTA EMPREGO PARA COIDADOS DE PERSOAS MAIORES EN ALEMANIA
Dende a Axencia de Colocación e Emprego Global Working estamos inmersos nun proxecto onde buscamos persoas candidatas para traballar na área do coidado de persoas maiores en Alemania.
As persoas candidatas debenter finalizada unha das seguintes formacións:
- Técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia - TAPSD
- Técnico/a en Atención Sociosanitaria. TASS
- Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería - TCAE.
Como Axencia de colocación que somos colaboramos con EURESS e coa Axencia Nacional de Emprego de Alemania (ZAV). As persoas candidatas traballarán en AWO Nordhessen, unha das maiores organizacións alemanas con máis de 200.000 empregados e con residencias en todo o territorio alemán.
As persoas candidatas poden teracceso a toda a información e enviar o seu CV no seguinte enlace:
Durante a semana do 18 de marzo as persoas candidatas interesadas se entrevistarán personalmente nas nosas oficinas cos empregadores de AWO Nordhessen e terán a oportunidade de coñecer aos tecnicos de emprego da Axencia Nacional de Emprego Alemana (ZAV), polo que o último día para recibir CVs será o 8 de marzo.
As candidaturas seleccionadas comezarán unha formación intensiva e gratuita de alemán nas nosas oficinas. A formación comezará o 1 de abril.
Unha vez rematada a formación en idioma, as persoas candidatas terán un contrato de 3 anos en Alemania nos que traballarán comaAuxiliar para o Coidado de Persoas Maiores (durante o 65% da súa xornada laboral) e estudiarán unha FP Dual de Técnico/a Especializado/a en Coidados de Persoas Maiores (durante o outro 35% da súa xornada laboral) polo que estarán continuamente mellorando a nivel profesional. Durante estes tres anos, as persoas candidatas terán un salario de 1.730 euros brutos mensuais. Unha vez finalizada a FP Dual, ascenderán de categoría profesional e o seu salario será de 2.600 euros brutos mensuais.
No arquivo adxunto poden ler a información do proxecto.
Aproveitamos a ocasión para compartir as testemuñas e vídeos de profesionais que xa se atopan traballando en diferentes países de Europa gracias á nosa labor:
Levamos máis de 4 anos traballando en proxectos de mobilidade europea con Alemania, Suiza e Noruega con diferentes perfís profesionais polo que, para calquera dúbida que xurda, non dubiden en poñerse en contacto connosco.
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Xa comeza a preparación da "Gran Festa do Outono 2018 - Magosto e o Samaín" que celebraremos por todo o alto o 2 de novembro". O alumnado de 2º de APSD pintou o mural da Festa para a entrada do instituto.
|
|||||