Novas |
O salón de actos da delegación da Xunta de Galicia en Vigo acolle o xoves 23 de maio ás 19.30 horas a presentación do informe "Xuventude e Internet en Galicia", elaborado por IC Media e que contou coa colaboración do IES de Chapela na elaboración de enquisas ao alumnado. A entrada é de balde, e nesta presentación debullaranse os datos obtidos sobre os hábitos de consumo dixital da mocidade galega.
|
|||
Este 15 de maio, día da Nakba, docentes do IES de Chapela sacan a kufiya en solidariedade co pobo palestino.
|
|||
|
|||
O alumnado de 2º curso de ciclos medios do réxime ordinario, así como o alumnado de ciclos medios do réxime de persoas adultas que titulase ou titule durante este curso 2023-24, pode solicitar inscribirse ás probas de competencia dixital. O alumnado interesado que reúna os requisitos indicados deberá cubrir esta solicitude (marcando a opción de inscrición na Área 4 do nivel intermedio e, no caso de menores de idade, incluíndo a autorización da nai / pai / persoa titora legal que figura no impreso) e presentala na secretaría do centro ou en xefatura de estudos ata o 22 de maio ás 13:00 horas. Tedes toda a información da convocatoria nesta ligazón e un resumo da información aquí.
|
|||
Xa están convocadas as probas libres para a obtención de títulos de FP do curso 2023-24. Como novidade, nesta convocatoria ofértanse por primerira vez probas do título LOXSE do Ciclo Superior de Dietética. Podedes ver abaixo o calendario de admisión: Así mesmo, podedes consultar máis información aquí. O calendario de realización das probas, así como as programacións dos módulos, subiranse nas próximas semanas no apartado de probas libres da nosa web.
|
|||
O IES de Chapela sumouse hoxe, 12 de abril, ás concentracións convocadas no ensino co lema “Paremos o masacre en Palestina”. Xunto con outros moitos centros, hoxe alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Chapela alzamos a nosa voz para denunciar o xenocidio do pobo palestino e esixir o cese da violencia. No acto limos o manifesto conxunto subscrito polos centros que apoiamos a iniciativa e un poema sobre Palestina de Luísa Villalta (autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas). Paz e xustiza para Palestina! Podedes ver o vídeo do acto de diúrno aquí.
|
|||||||
O seguinte alumnado pode recoller o seu título na secretaría do centro identificándose co seu DNI/NIE (ou asinando a correspondente autorización se vén outra persoa, debendo achegar esta o seu DNI/NIE e copia do DNI/NIE da persoa da que vén en representación):
|
|||
Achegamos un documento informativo elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre as avaliacións de diagnóstico que está previsto que se realicen os próximos días 10 e 11 de abril co alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de ESO. Pincha aquí para acceder ao documento.
|
|||
O ALUMNADO DE 4º DE ESO E 2º DE BACHARELATO QUE QUEIRA VOLUNTARIAMENTE PRESENTARSE Á PROBA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL DEBE INSCRIBIRSE ANTES DO XOVES 14 DE MARZO. (AVISAR ÁS COORDINADORAS BEGOÑA FERNÁNDEZ E SAÍNZA ARIAS) TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
|
|||
A partir de hoxe, mércores 26 de xullo, está dispoñible na entrada do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído da axuda para material escolar (cheques de 60 e 75 euros). As persoas SOLICITANTES poden recoller os cheques a partir do 1 de setembro. Se algunha das persoas beneficiarias precisa recollelo antes da data indicada, pode solicitalo presencialmente os días 27 e 28 de xullo e recollelo o seguinte día hábil.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »