Novas

Mercado do troco

 

Mercado do troco

     

MERCADO DO TROCO

LIBROS, CÓMICS E PELÍCULAS

 

O día 14 de decembro, durante os dous recreos, terás a oportunidade de cambiar os teus libros,

películas (orixinais) e cómics usados por novos títulos. O mercado celebrarase no vestíbulo.

 

Aproveita a ocasión! Non merques! Troca!

 

BASES:

  • Os libros/cómics/películas(orixinais) para doar recolleranse na biblioteca do 1 ao 13 de decembro.

  • Cada participante recibirá un tícket por exemplar que poderá cambiar por outro libro, cómic ou película.

  • Os exemplares que non sexan escollidos por ninguén serán devoltos aos seus doantes.

 

Biblioteca IES Chapela

 

Charla dirixida ás familias

Charla dirixida ás familias

Adolescencia. Entendémola?

Luns, 10-12-18 - 20:00

Auditorio Piñeiral do Crego (Chapela)

Profesionais do Equipo de Prevención de Érguete

Máis información

25 de novembro 2018 - O IES Chapela di NON

     
 
Alto e claro, a comunidade escolar do IES Chapela berrou hoxe NON á Violencia de xénero contra as mulleres. Desde a mañá ata a noite, o alumnado, profesorado e persoal non docente do noso instituto, realizou actividades para recordar as que están e as que non están: confección de carteis, lazos, visionado de curtas e videoclips, performances... e un sobrecolledor minuto de silencio. Desde o Concello de Redondela, Lidia Bastos González (1º ESO A), en representanción do seu grupo e de todas e todos nós, leu parte do manifesto municipal do Día contra a Violencia de Xénero redactado por alumnado de todo o concello. E por suposto, lembramos a nosa veciña e amiga, Sesé. Grazas a todas e a todos por ser como sodes.
 
     

 

Agradecemento e aviso da ANPA

A Xunta Directiva da ANPA IES Chapela agradece ás 77 familias que, neste curso académico 2018/2019, se asociaron á mesma abonando a cota correspondente, e anima ao resto das familias que non forman parte da ANPA a que se asocien, lembrándolles que o prazo remata o próximo 30 de novembro de 2018.

Importe cota: 13 Euros

CCC: 2080-5103-30-3000038787

Novidades Biblioteca. Outubro-Novembro 2018

Novidades Biblioteca Outubro-Novembro1º Boletín Curso 2018/19

Festa do Outono. Curso 2018/19

Fotos da Festa do Outono

 

Conferencia Xurxo Mariño

 

Os alumnos e alumnas de 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH, 2º CM APSD, 2º CM Educación Infantil, 1º CM Farmacia e 1º CS Dietética asistiron á conferencia "As miñas linguas e eu", impartida polo científico e divulgador Xurxo Mariño. Esta conferencia está incluída dentro das actividades, que están a realizarse no instituto, para  a celebración do Día da ciencia en galego.
Xurxo Mariño Xurxo Mariño  
     

Festa do Outono

Festa do outono

Día da Ciencia en galego

Cartaz Día da Ciencia en galego

Magosto e Samaín 2018

Xa comeza a preparación da "Gran Festa do Outono 2018 - Magosto e o Samaín" que celebraremos por todo o alto o 2 de novembro". O alumnado de 2º de APSD pintou o mural da Festa para a entrada do instituto.

 

 
Cartel Magosto e Samaín 2018
Distribuir contido