Admisión e matrícula

Proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO e BACHARELATO - Curso 2023-24

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-24 iniciouse coa apertura do período de reserva para o alumnado dos centros adscritos ao IES de Chapela (CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Igrexa e CEIP Laredo), entre o 15 de xaneiro e o 6 de febreiro.

As listaxes co alumnado que reservou praza para o IES de Chapela publicaranse no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.

 

Admisión do alumnado de novo ingreso para ESO e Bacharelato no curso 2023-24

Prazo: 1 ao 20 de marzo

 

Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación:

  • Fotocopia DNI ou folla de inscrición da alumna-o no Libro de Familia.
  • Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que está a estudar actualmente.
  • Certificado académico, salvo para 1º ESO.
  • Padrón familiar

 

Vacantes

1º ESO

33

2º ESO

17

3º ESO

0

4º ESO

0

1º BACH - Ciencia e Tecnoloxía

17

1º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

24

2º BACH – Ciencias

9

2º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

19

 

Listaxe provisional: 25 de abril

Listaxe definitiva: 15 de maio

Admisión alumnado de novo ingreso ESO-BACH – Curso 22-23

Ábrese o proceso de admisión do alumnado de novo ingreso para ESO-BACH no curso 22-23

Prazo: 1 ao 21 de marzo

 

Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación

  • Fotocopia DNI ou folla de inscrición da alumna-o no Libro de Familia.
  • Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que está a estudar actualmente.
  • Certificado académico, salvo para 1º ESO.
  • Padrón familiar

Vacantes

1º ESO

44

2º ESO

0

3º ESO

4

4º ESO

5

1º BACH - Ciencia e Tecnoloxía

7

1º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

7

2º BACH – Ciencias

13

2º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

18

 

Listaxe provisional: 26 de abril

Listaxe definitiva: 18 de maio

Admisión alumnado de novo ingreso no centro: ESO - BACH

Orde 18-12-20 Admisión alumnado

Orde 12-3-13 Admisión alumnado

Impreso admisión

 

VACANTES

 

Prazo: 1 ao 22 de marzo

Documentación:

Fotocopia do DNI ou folla de inscrición da alumna ou alumno no Libro de familia

Certificado de matrícula (con código XADE), no que conste o curso que estuda actualmente

Padrón familiar

 

Admisión FP - 2020/21

Información e seguimento do proceso de ADMISIÓN desde a páxina https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2019-2020

Calendario do desenvolvemento do proceso de admisión.  

A presentación de solicitudes comeza o 25 de xuño ás 9:00 e remata o 8 de xullo ás 13:00 horas.

Información completa sobre a Formación Profesional (oferta, probas, currículos, validacións, normativa... na  web http://www.edu.xunta.gal/fp/

Horarios Modular Curso 2020-21

Matrícula, admisión e reserva

Ante as confusións que está a ver coa reserva, admisión de alumnado novo de ESO e BACH e matrícula, facemos a seguinte aclaración. A reserva de praza para alumnado procedente dos colexios adscritos de primaria, e a admisión de alumnado novo de ESO e BACH para o próximo curso procedente doutros centros, están pechadas. Tan só restan a admisión de alumnado de FP e a matriculación de todo o alumnado do centro. Ambos os dous procesos prevese que teñan lugar a principios de xullo. Dos dous publicarase información na páxina web e enviarase un abalarMobil ás familias.

Proceso de ADMISIÓN de novo alumnado - ESO e Bacharelato

Restablecese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnado en ESO e BACH. O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Publicaranse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño de 2020.

O procedemento para a presentación das solicitudes pode facerse de xeito telemático seguindo as instrucións que se detallan na seguinte páxina:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Tamén se poderán presentar solicitudes de xeito presencial no centro previa petición de cita a través do correo electrónico: ies.chapela@edu.xunta.gal No correo deberán indicar nome e número de teléfono para establecer contacto. A cita previa poderase concertar ademais a través do teléfono  do centro (886 110 610) en horario de 10:00 a 13:00. Preferiblemente este será tamén o horario de entrega de documentación. Acudirá un único adulto, sen acompañamento, respectando as distancias de seguridade e os protocolos que se indiquen. Prégase que nas instalacións do centro se porte mascarilla.

Estas medidas tómanse pola seguridade das traballadoras e traballadores do noso centro, e de toda a comunidade educativa. Moitas grazas.

Admisión Curso 2020-2021

 

Solicitude de Admisión Curso 20/21 - Alumnado de novo ingreso ESO - BACH

Prazo: 1 ao 20 de marzo

Documentación

Fotocopia do DNI ou folla de inscrición da alumna ou alumno no Libro de Familia.

Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que estuda actualmente.

Padrón Familiar.

Cambio de modalidade no Bacharelato

Distribuir contido