Matrícula FCT / Proxecto 23-24

Prazo:

  • Alumnado de modular con todos os módulos do centro educativo aprobados na 3ª avaliación9, 12, 13, 14, 15 e 16 de xuño
  • Alumnado restante26, 27, 28, 29 e 30 de xuño

 

Lugar:

Presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:00 a 13:00

 

Ordinario:

Anexo I PDF editable: descárgao aquí

Importante: cubrir obrigatoriamente o punto 3 da páx. 2 (requisitos de acceso ao ciclo)

 

Modular:

Anexo II PDF editable: descárgao aquí

Importante: cubrir obrigatoriamente o punto 4 da páx. 3 (requisitos de acceso ao ciclo)

 

Adaptación horaria:

En caso de non facer a FCT a xornada completa, solicitar adaptación horaria. En modular presentar coa solicitude, en ordinario consultar ademais en secretaría.

Solicitude de adaptación: descárgaa aquí  

 

Solicitude de exención na FCT:

En caso de solicitar exención na FCT por correspondencia coa experiencia laboral, presentar a seguinte documentación:

* Solicitude de exención: descárgaa aquí  

* Informe de vida laboral da Seguridade Social

* Certificado da empresa/entidade indicando as actividades desenvolvidas e o período de realización (no caso de persoas traballadoras por conta propia, certificado de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como declaración da persoa interesada das actividades máis representativas)