Saídas didácticas

APSD en Arealonga

 

Este venres 15 de outubro, as alumnas e alumnos de APSD modular deron un paseo cara a praia de Arealonga. O obxectivo principal era comprobar as dificultades coas que se pode atopar unha persoa con dependencia/discapacidade ao longo do traxecto. Chegamos á conclusión de que o acceso á praia sería case un imposible para as persoas con algún tipo de diversidade funcional o que supón un grave atranco para a súa independencia e para o seu crecemento no día a día. Experimentamos na nosa pel a discriminación, a inseguridade e a inxustiza que poden sentir estas persoas. Recollimos as conclusións por grupos e puxémolo en común. Aproveitando o contexto privilexiado, tamén fixemos unhas dinámicas para exercitar o entendemento e as habilidades sociais necesarias para o traballo futuro. Tiñamos como meta fomentar a cohesion grupal, a empatía e a escoita activa. Entre todas descubrimos que aínda hai moito camiño por facer, pero estamos no camiño!

Experimentando con laranxas e limóns

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Infantil levaron a cabo unha actividade de experimentación con laranxas e limóns en días separados. Pero ambos os dous grupos contaron contos, falaron de emocións, déronse unha masaxe, bailaron diferentes cancións sobre o tema, fixeron zume,... e desfrutaron manipulando estes froitos en todas as súas formas, mesmo os observaron na mesa de luz e no retroproxector. Algo tan próximo e tan coñecido vivido e experimentado neste día como algo novo e inusual. PDF con máis imaxes.

Visita APSD

O pasado 14 de outubro o alumnado e parte do profesorado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do Réxime Modular fomos ao VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo no MARCO (Museo de Arte Contemporánea). Alí asistimos á presentación dunha aplicación para a detección precoz do Alzheimer (desenvolvida pola empresa Polygon-e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela), unha sesión de curtametraxes arredor da diversidade funcional e a enfermidade mental (nas que participaron diversas entidades do terceiro sector) e a proxección e posterior coloquio arredor da produción "Si Talía fuera ciega" (mediametraxe dirixida por Antonio Gil Aparicio e protagonizada por máis de 100 actrices e actores con diversidade funcional visual de distintas compañías teatrais da ONCE). Con festivais como este comprobamos, unha vez máis, que na arte e no cine, como na vida, cabemos todxs, e que co compromiso e o apoio da sociedade todas as barreiras se poden derrubar.

Xornada de comadres na Senda da Auga

 

Os grupos de 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil realizan unha xornada de comadres na Senda da Auga

O alumnado do 1º e 2º curso do CFGS en Educación Infantil do réxime xeral-ordinario levaron a cabo unha xornada de coñecemento mutuo e convivencia percorrendo o roteiro da Senda da Auga.

 

Saída Senda da Auga 1

Con anterioridade á saída, o alumnado distribuíse en parellas de comadres (unha alumna de 2º curso cunha de 1º curso) mediante un xogo de imitación.

 

Senda da Auga 2

Con saída ás 10:30h dende o IES Chapela, chegaron até o “Banco máis fermoso do mundo” para desfrutar das vistas da Ría de Vigo. Polo camiño puideron coñecerse, intercambiar pareceres e debater sobre a titulación.

 

 Saída Senda da Auga 3
 

Antes de voltar, realizaron paradas para almorzar, hidratarse e realizar dinámicas de coñecemento.

 
Saída Senda da Auga 4

Saída á Biblioteca Xela Arias

O venres 29 de novembro, o grupo de expresión e comunicación (modular) visitamos a biblioteca Xela Arias. Da man de María José (bibliotecaria) coñecemos os diferentes servizos da biblio e tamén nos mostrou unha chea de contos moi interesantes para traballar cos nenos/as.
        Visita á Biblioteca Xela Arias
 

English Week

Un grupo do alumnado de 4º da ESO, acompañado pola profesora Teresa Dacuña, asistiu do 17 ao 23 de Novembro á “English Week”, un campamento de inmersión lingüística celebrado nos Peares, en Lugo. A temática traballada baseouse no medio ambiente e nas distintas estratexias para mellorar e conservar a nosa contorna: as causas da contaminación, as fontes de enerxia renovables, o cambio climático e o quecemento global, a reciclaxe, etc. Os grupos estaban formados por 10 alumnos e alumnas dos distintos institutos galegos participantes no programa, dirixidos por un monitor que sempre empregaba o inglés como lingua vehicular. O resultado de todo este traballo foron uns fantásticos proxectos, presentados polo alumnado ao rematar o campamento. Tamén fixeron unha ruta pola natureza e unha visita guiada ao embalse dos Peares. Foi una estupenda actividade na que, ademáis de convivir e compartir experiencias con persoas de distinta procedencia, melloraron a súa competencia no uso do inglés e chegaron a empregalo de xeito fluído…esperamos repetir o vindeiro curso!

English Week 9
           

Visita a ACEESCA

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior Modular de Integración Social a ACEESCA, unha entidade de traballo con persoas con diversidade funcional de Porriño. Axudáronnos a ver a realidade dese colectivo así como a experimentar os diferentes materiais de comunicación que teñen para que o alumnado poida transmitir e expresar todas a vivencias que teñen.
Foi moi interesante e enriquecedor.

 

Aceesca 5 Aceesca 2
Aceesca 3 Aceesca 4

Visita á farmacia do hospital POVISA

O xoves 11 de abril os alumnos e alumnas do CM de Farmacia de modular, horarios 1 e 2, visitaron o hospital Povisa. Alí ensináronlle as instalacións e explicáronlle o funcionamento do servizo de farmacia hospitalaria, o laboratorio de formulación e o servizo de dispensación farmacéutica. Queremos agradecer ao persoal de Povisa que nos atendeu a súa amabilidade, a visita resultou moi interesante!

 

Farmacia 1 Farmacia 2 Farmacia 3

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do réxime de persoas adultas visitamos a exposición da XX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde puidemos achegarnos a unha ampla variedade de propostas literarias para a infancia en lingua galega e portuguesa, presentadas arredor do fío condutor da revolución. E ao rematar, complementamos a nosa saída cun roteiro turístico para a infancia polo casco vello da cidade. Tivemos moita sorte de que nos acompañase o bo tempo!

 

Salon do libro 1
Salón do libro 4 Saló do libro 5
Salón do libro 2 Salón do libro 3

Saída ao Espazo Educativo Foresta

O alumnado de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil visitou, o pasado día 11 de marzo, o Espazo Educativo Foresta.

Trátase dun recurso de iniciativa social sen ánimo de lucro que aporta ás crianzas unha alternativa educativa diferenciada da oferta regrada.

O alumnado interactuou con todos os recursos do espazo, especialmente con aqueles naturais exteriores, que aportan significatividade e identidade a Foresta.

As persoas educadoras que desempeñan a súa labor profesional no centro resumiron a súa función e deron resposta ás múltiples cuestións do alumnado.

 Saída a Foresta
Distribuir contido