Libros de Texto

Aviso Fondo Libros

Problemas técnicos impiden publicar a listaxe provisional de axudas para adquisión de material escolar. O próximo martes 13 de xullo poderán consultarse nos taboleiros do centro. Grazas.

Fondo de Libros de Texto e Axudas Material Escolar

Os Vales para Adquisición de Material Escolar deberá recollelo a persoa solicitante ( non alumnado) a partir do 15 de setembro en conserxería.

A partir do curso 2021/22 o IES de Chapela estará incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 50 €) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 6 de maio de 2021.

 

Información resumida da Orde do 6 de maio de 2021 - IES de Chapela

 

Orde do 6 de maio de 2021 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Enlace con máis información á paxina da consellería

Enlace á aplicación para descargar os formularios Anexo I  Anexo II

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

 

Libros de texto 2021-22

ESO: O centro dispón de  libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao  alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade.

Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.

 

Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel. 

 

1º ESO    2º ESO     ESO    4º ESO

 

Bacharelato    2º Bacharelato

 

 

Fondo Solidario de Libros de Texto

Recollida de vales:

 

A) Alumnado con todas as materias superadas en xuño: a partir do mércores 22 de xullo

B) Alumnado con materias suspensas: a partir do 14 de setembro

 

(Só pode recoller o vale a persoa solicitante, non o alumnado)

 

 

INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

 

Distribuir contido