Novas EDLG

Nunca mandadas: inauguración do mural dedicado a Yolanda Castaño

O 8 de maio a premio nacional de poesía Yolanda Castaño visitou o IES de Chapela para asistir á inauguración dun mural inspirado na súa obra, realizado polas alumnas Celia Santamariña, Tea Escribano, Iris Cordeiro, Sara Cordeiro e polo alumno Eiden Rodríguez baixo o deseño e dirección da profesora en prácticas María Pereira. Tamén realizamos un recitado colectivo do poema "Modas Lolita Rivas" por parte dunha representación do alumnado, profesorado e persoal non docente. Moitas grazas por facer posible esta xornada histórica.

Pica na imaxe para acceder á galería ou preme nesta ligazón para acceder ao vídeo do acto.

 

 

Concerto para o alumnado que superou o reto da Semaniña Enteira

O venres 19 de abril acudiron á Alameda Castelao de Redondela as 170 alumnas e alumnos do IES de Chapela que superaron o reto de falar exclusivamente en galego durante Unha Semaniña Enteira. Asistiron ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk xunto co alumnado que participou na campaña nos IES Mendiño e IES Pedro Floriani. Agradecemos ao Concello de Redondela a excelente organización deste concerto, premio merecido para as comunidades educativas destes tres IES de Redondela que coa súa acción contribuíron a cargar de futuro a nosa lingua.

Máis fotos aquí.

Unha Semaniña Enteira

O día 26 de febreiro arranca no IES Chapela o reto da Semaniña Enteira: falar en galego as 24h do día durante 7 días. Retamos a toda a comunidade educativa para contribuír ao futuro da nosa lingua.

EDLG

IV CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA

 

 EDDLG Mural Xela arias  Biblioteca

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o IV Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 12 de maio de 2023. Entrega na biblioteca ou no enderezo electrónico edlgieschapela@gmail.com en formato pdf e indicando no asunto Certame Literario Xela Arias.

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA 2022

 GANADORAS DO CERTAME LITERARIO XELA ARIAS

 1º PREMIO: Eu son, ti es, el é de Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

2º PREMIO: O amor de Yanira Táboas Cabaleiro (2º ESO A)

3º PREMIO: Significado do amor de Carolina Castro Rodríguez (2º ESO A)

Resolución do xurado

Maio 2022

Ganadoras certame Xela Arias

Ganadoras certame Xela Arias

 

  Poema gañador: 

Sara Cordeiro Martínez (1º ESO C)

 

Eu son, ti es, el é;

eu son quen quero ser.

 

Non me digas o que penso

non me expliques como é;

pensa un pouco no que eu quero

anque non che veña ben.

 

Eu son, ti es, el é,

e mais ela é tamén.

 

Se a tratas con respecto

logo vai saber querer.

Todos somos un espello

que reflicte cada ser.

 

Son eu, es ti, que ben!

Como sexa cada quen.

XXVI Maratón das Letras - IES de Chapela

Xa chega o maratón, 26 anos correndo pola nosa lingua. Temos preparado un amplo calendario de actividades para desfrutar o luns 16 de maio. Quentamos motores! Deixámosche o plano e indicacións do percorrido.

III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela

 Mural Xela arias

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o III Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 2 de maio de 2022

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

Contos de medo e haikus de outono

 

A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGA DO IES CHAPELA

INFORMAN DO RESULTADO DO SORTEO CELEBRADO O VENRES 19 DE NOVEMBRO DE

2021 ENTRE OS CONTOS DE MEDO E OS HAIKUS DE OUTONO:

 

 

 

CONTO DE MEDO: Yanira Taboas Cabaleiro (2º ESO A)

HAIKU DE OUTONO: Lidia Bastos González (4º ESO B)

 

Podes acceder ao conto e ao haiku premendo na ligazón de cada un.

 

 

TANXUGUEIRAS GAÑADORA DO CONCURSO MUSICAL

As TANXUGUEIRAS, co seu tema MIDAS, foron as gañadoras da nova edición do noso concurso musical, no que participou durante 7 xornadas o alumnado da mañá e da tarde, decidindo cos seus aplausos o mellor tema do ano:

TANXUGUEIRAS AGRADECE AO IES DE CHAPELA SER O GRUPO GAÑADOR DO CONCURSO MUSICAL

 

 

CUARTOS DE FINAL SEMIFINAIS FINAL GAÑADORA
Tanxugueiras
Midas
Tanxugueiras
Midas
  Tanxugueiras
  Midas
Tanxugueiras
Midas
Rhome
Reina
Ezetaerre
A insurxencia por vir
Ezetaerre 
A insurxencia por vir
Nao
Mafia
Natasia Zürcher e outros
O maio
Natasia Zürcher e outros
O maio
  Rebeliom do Inframundo
  No choio fálase dun ERE
Relámpago
Ti podes ser um heroe
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase dun ERE
Rebeliom do Inframundo
No choio fálase...
As Efémeras
Sofre o mar
Distribuir contido